A nova crema hidratante Deliplus é ideal para a levares sempre canda ti, pode usarse no rostro, mans e corpo. A súa agradable fragrancia apaixonarate. Escolle o teu deseño favorito!
A nova crema preséntase nun cómodo envase con divertidos deseños. Escolle entre o estampado tropical ou o deseño de lunares fucsias.
Unha vez remates a crema, podes ficar coa lata e reutilizala para gardar algodóns, grampas, caramelos… Lévaas sempre contigo no bolso, na maleta ou no neceser.
Como é a crema?
A crema ten unha agradable textura e contén extractos de lavanda, macela e maravalla con propiedades calmantes para a pel. A súa fórmula combina tamén karité, con beneficios nutritivos, e glicerina, un activo hidratante.
Goza da súa agradable fragrancia floral empoeirada con toques de fresia e mimosa en flor, combinada con almiscre e notas froitais, cítricas de pera e melocotón.
Consellos de aplicación
- Rostro: masaxea suavemente a crema sobre a cara evitando a contorna dos ollos.
- Mans: aplica unha pequena cantidade e masaxea até a súa total absorción.
- Corpo: aplícaa con movementos circulares.
Leva canda ti a todas partes a nova crema hidratante Deliplus! Edición limitada.
Outras recomendacións:
Se quixeres unha pel perfecta en tan só dous pasos proba a Exfoliante e a Manteiga Corporal Mineral.
Ademais, non esquezas nutrir o teu cabelo coa Liña Argán Oil Deliplus para cabelo seco.