Tes as mans secas? Cóidaas coa Crema das mans con aceite de oliva Deliplus. Nutre, hidrata e repara a túa pel, e está recomendada para o seu uso diario.
A protección das mans é fundamental, xa que é unha das zonas do corpo que mostramos con máis frecuencia. Por outra parte, as nosas tarefas cotiás e o uso de determinados produtos hixiénicos provocan que estean máis expostas, por iso necesitan un tratamento específico.
Se queres rexenerar e rexuvenecer a pel das túas mans, utiliza a nosa Crema das mans con aceite de oliva a diario e comprobarás os resultados moi pronto.
Principios activos e beneficios da Crema das mans con aceite de oliva Deliplus
Descubre os cinco principios activos desta crema. A súa combinación achega á pel das túas mans hidratación, nutrición, suavidade e unha agradable sensación de benestar:
- Aceite de oliva: nutre intensamente a pel das túas mans.
- Manteiga de Karité: reduce a perda de hidratación
- Extracto de equinácea: calma e axuda a rexenerar.
- Escualano: hidrata e reduce a sequidade.
- Vitamina E: antioxidante, con beneficios antiidade.
Modo de emprego
A utilización deste produto é moi sinxela. Basta con aplicar unha pequena cantidade nas mans e dar unha suave masaxe. Absórbese con moita rapidez e non deixa unha sensación graxa.
Un formato moi práctico para aplicala en calquera momento
Polo seu práctico formato, esta crema das mans pode levarse sempre con nós para utilizala en calquera momento. O coidado das mans é moi necesario, xa que con frecuencia se ven expostas a axentes que producen sequidade e deshidratación, como os xabóns e xeles hidroalcóhólicos.
Outras recomendacións
Se queres coidar e suavizar a pel do teu corpo, proba o noso Exfoliante mineral natural con sales do Mar Morto.