Presentámosche unha das novidades estrela da nosa Perfumería, a Colección Cosmic, ideal para regalar nestas festas. Inspirada no espazo e nos seus escintileos, inclúe dous tipos de produtos:
- Lote Perfume, para el e ela.
- Colección de Cosmética.
Lote de Perfumes
- Para el e para ela.
- Contén perfumes con notas florais e cítricas amadeiradas.
- Deseño de vangarda, de aparencia galáctica.
Colección de Cosmética
A Colección de Cosmética Cosmic ofréceche unha gama infinita de posibilidades para os días e as noites de festa, brillante como o cosmos! inclúe os seguintes produtos:
Paleta Sombras
9 tons de sombras de ollos mate, satinadas e metálicas.
Perfilador Ollos Dúo
2 cores: negro con escintileos e gris prata con escintileos.
Máscara de pestanas
Definición e volume modulable.
Iluminador
De textura aveludada e acabado multirreflexo en formato diamante. Aplica con brocha para dar luz a meixelas, escote, ombros, ou con pincel para zonas máis pequenas como o arco das cellas, o tabique do nariz…
Lips Cosmic
Fluído de labios mate de longa duración que se transforma ao entrar en contacto cos teus labios. Como? Aplícao, déixao secar e xunta os labios. A súa textura mate transfórmase, ao instante, nun elegante fluído resplandecente.
Lacas de uñas
Esmaltes en tons terracota e glitter, para transformar por completo o acabado e a cor da túa manicura e darlle unha aparencia cósmica.
Kit Sombras intercambiables
Contén 12 sombras de ollos mate, satinadas e metalizadas, e unha paleta de cartón onde poñer os teus tons favoritos e levalos contigo a todas as partes. As combinacións son infinitas!
Outras recomendacións
PPara manter a pel do teu rostro libre de impurezas, utiliza Bubble Mask, a máscara limpadora e exfoliante efervescente.