Uso de cookies

Empregamos "cookies" propias e de terceiros para elaborar o sitio. Se continuares a navegar debes aceptar o seu uso

Máis información e política de cookies.

Os nosos lotes para o Día do Pai son un agasallo que abofé agradecerá. Escolle entre os nosos dous lotes de beleza. E tamén podes optar por agasallar unha saborosa torta con parabenización incluída.

Converte o Día do Pai nunha lembranza especial

15 de marzo de 2018

En Mercadona coidamos os pormenores que marcan a diferenza. Por iso elaboramos dous lotes coas nosas fragrancias Comotú Viento e Sesgo, xunto cun complemento para agasallares no Día do Pai.

E se a persoa coa que compartes este día é larpeira, sorpréndea tamén coa nosa torta especial para o Día do Pai. Farás que este 19 de marzo sexa do máis doce.

Lote Comotú Viento para o Día do Pai

Co lote Comotú Viento Deliplus abofé que atinas co teu agasallo para o próximo Día do Pai. Esta fragrancia da Perfumería de Mercadona caracterízase, precisamente, pola súa frescura e polo seu toque cítrico e mais acuático. O lote inclúe a fragrancia Comotú Viento de 100ml presentada xunto cunha práctica e cómoda mochila que, de seguro, empregará en moitas ocasións.

Lote Comotú Viento Mercadona

Lote Sesgo para o Día do Pai

O lote Sesgo Deliplus é outra grande alternativa para agasallares no Día do Pai. A fragrancia Sesgo da perfumería de Mercadona proporciona un cheiro cítrico con matices de madeira Fougere que evoca os bosques. Vén nun envase de 100ml xunto cun estoxo para que todos os seus produtos de beleza estean sempre ordenados.

Lote Sesgo Mercadona

Torta para o Día do Pai de Mercadona

Se ademais queres agasallar dozura no Día do Pai, achégate á tenda pola nosa torta creada especialmente para esta xornada festiva. Xema torrada, nata, trufa e un suculento biscoito con chocolate fundido e améndoa en anacos cubrindo os laterais sobre un fondo laranxa en que se le “Felicidades, Papá”, É perfecta!

Tarta Día del Padre Mercadona

Outras recomendacións

Lembra que na Perfumería de Mercadona poderás encontrar outros prácticos estoxos Deliplus para home, alén doutros tratamentos faciais como os da liña Vído exclusiva para homes.