Uso de cookies

Empregamos "cookies" propias e de terceiros para elaborar o sitio. Se continuares a navegar debes aceptar o seu uso

Máis información e política de cookies.

Presentámosche a nova Colección Pasión Natural. As cores de moda en ollos, labios e uñas!

Colección Pasión Natural

29 de agosto de 2019

A Colección Pasión Natural é unha atractiva proposta de maquillaxe para a nova tempada. A gama de tons berenxena e nude están de moda e esta colección bríndache todo o que necesitas para estar á última.

Combinando de forma diferente os produtos que se inclúen nesta colección poderás conseguir distintos looks, como os que se mostran no vídeo.

Que produtos contén a Colección Pasión Natural?

A Colección Pasión Natural está formada polos seguintes produtos:

  • Paleta de sombras de ollos
    • 7 sombras con glitter
    • 1 sombra satinada
  • 1 Eyeliner fluído en cor berenxena
  • 1 Perfilador de ollos berenxena con textura xel
  • 2 Perfiladores de labios con textura xel
    • Cor berenxena
    • Cor nude
  • Máscara de pestanas cor negra, efecto ás de Bolboreta.
  • 2 Barras de Labios
    • Barra de Labios Cremosa cor berenxena
    • Barra de Labios Cremosa cor nude
  • 3 Lacas de Uñas
    • Berenxena
    • Nude
    • Xel Top Coat

Que resultados obterei con esta nova colección?

Combinando estes produtos tal como che mostramos no vídeo conseguirás diferentes looks tendencia da nova tempada. Non quedes sen a túa Colección Pasión Natural, é de Edición limitada.

Outras recomendacións

Descubre os nosos Xeles de baño Deliplus con agradables fragrancias e texturas.