A luz será a protagonista do teu rostro e beizos grazas ao novo look Metallic Radiance Deliplus de edición limitada. Esta liña de maquillaxe está formada polo iluminador Strobing en dúas tonalidades diferentes para distintos tons de pel. Así como por dous lapis de labios: o nº01 morado metálico e o nº2 coral metálico.
Proba os efectos do iluminador Strobing
A Perfumería de Mercadona ofréceche o seu innovador iluminador Strobing. Con el subliñarás a parte superior das meixelas e mais o centro da fronte, facendo a túa pel resplandecer ao lle achegar un aspecto radiante. Podes iluminar varias zonas do rostro e outorgarlle un toque de luz natural ás zonas que desexares.
O iluminador Strobing vén en textura crema e en dous tons: o nº01 luz dourada, indicado para peles medias, e o nº02 luz perlada, para peles claras.
Como aplicar o iluminador Strobing?
O iluminador Strobing pódese aplicar quer coa xema dos dedos quer cunha esponxa ou unha brocha de maquillaxe. As zonas máis indicadas para a súa aplicación son o queixo, o tabique nasal, a parte central da fronte e a parte superior das meixelas. Grazas ao seu efecto conseguirás unha pel de acabado brillante e resplandecente. O teu rostro manterase luminoso e suave durante todo o día.
Lapis de labios Metallic Radiance
Proba o lapis de labios que máis lle acaia ao teu look. Hai dúas cores diferentes, cremosos, hidratantes e á moda: o lapis nº1 morado metálico é ideal para subliñar os teus beizos, mentres que o lapis nº2 coral metálico, de tonalidade máis suave, fará resplandecer os teus beizos cun acabado extra nacarado.
Outras recomendacións
Se che gusta lucir radiante durante todo o día, proba o corrector fixo & cubrinte Deliplus, conseguirás unha alta cobertura e fixación. E para un peiteado brillante sen parecer amazocado, a laca extraforte Deliplus é a túa aliada na casa e mais no bolso, na súa versión pequena.