AVISO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros coa finalidade de facer que a súa navegación sexa segura, facer análise estatística das visitas á web, así como coñecer o seu comportamento. Se desexa máis información pode consultar a nosa POLÍTICA DE COOKIES. Pode aceptar o uso de cookies pulsando "ACEPTAR" ou Configurar/Rexeitar o seu uso pulsando pulsando "CONFIGURAR/REXEITAR".

Presentámosche a nova Colección Hot Metal. Aspecto bronceado e metalizado para este verán.

Colección Hot Metal – Edición limitada

13 de xuño de 2019

Presentámosche a nova Colección Hot Metal, unha maquillaxe atrevida coa que podes conseguir os looks máis impresionantes do verán.

Unha colección actual e sofisticada, que destaca polo aspecto bronceado que lle dá á túa pel e o efecto metalizado que consegue nos ollos, labios e uñas.

A tendencia dos tons metálicos está de moda e con esta colección propoñémosche dous looks aos que no te poderás resistir.

Que contén a Colección Hot Metal?

A nova Colección Hot Metal está formada polos seguintes produtos:

Paleta de Sombras de ollos

  • Paleta de 9 sombras: 8 delas metalizadas e unha satinada.
  • Efecto: especialmente indicada para conseguir looks de ollos metalizados.
  • As sombras máis metalizadas recoméndase aplicalas coa xema dos dedos.

Fluído bronceador

  • Fluído bronceador en goteiro.
  • Aplicar nos pómulos, no tabique nasal, no queixo e no escote para dar o efecto bronceado.
  • Recoméndase o seu uso despois dunha maquillaxe terminada.

Labiais

  • Labiais en tons Bronce Rosado e Cobre
  • Acabado supermetalizado.
  • Alta intensidade en cor e cobertura.

Lacas de uñas

  • 2 lacas de uñas en tons bronce e dourado.
  • Forma de uso:
    • Aplicar primeiro unha base.
    • Aplicar dúas capas de laca de cor bronce ou dourada.
    • Acabado metálico.

Edición Limitada

Apura para conseguila, porque é edición limitada. Poderás encontrala nas tendas ata finalizar existencias.

Outras recomendacións

Se queres protexer a túa pel dos excesos do sol, aquí tes uns cantos consellos para unha adecuada protección solar. Aprende a usar os Correctores de maquillaxe Deliplus.