AVISO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros coa finalidade de facer que a súa navegación sexa segura, facer análise estatística das visitas á web, así como coñecer o seu comportamento. Se desexa máis información pode consultar a nosa POLÍTICA DE COOKIES. Pode aceptar o uso de cookies pulsando "ACEPTAR" ou Configurar/Rexeitar o seu uso pulsando pulsando "CONFIGURAR/REXEITAR".

Glam, la nueva colección de maquillaje de Deliplus

Colección Glam, preparada para impresionar?

28 de decembro de 2016

Namórate da colección Glam –edición limitada- que encontrarás na Perfumería de Mercadona, para lucires perfecta en todas as festas. Subliña a túa personalidade e estilo coas lacas de unllas, po corporal iluminador, bálsamo labial glitter, perfilador de ollos longa duración, barra de labios e paleta de sombras. Preparada para impresionar?

Mans de impacto

Lacas de uñas efecto gel Glam de la Perfumería de Mercadona

Presume de mans coas lacas de unllas efecto xel Glam de doada aplicación. Esmaltes moi cubrentes de alto brillo e longa duración cunha fórmula anovadora de acabado profesional e nova tecnoloxía sen empregar lámpada UV.

Dispoñible en tres cores nº660 granate, nº661 vermello, nº738 glitter dourado. Non esquezas usar o Top Coat nº662, conxuntamente cos esmaltes, para conseguires uns resultados óptimos. Na variedade dispós de máis cores de lacas de unllas e, se desexas engadir máis sofisticación, na Perfumería de Mercadona encontrarás os enfeites máis abraiantes.

Labios con glamour

Barra de labios y Bálsamo Glitter Glam de La Perfumería de Mercadona

Impresiona coa Barra de labios Glam nª01 vermello da Perfumería de Mercadona.

Truco: Engade un toque de Bálsamo glitter vermello relampexante no centro do labio para dares un toque de luz.

Ollada Intensa

Sombras, Perfiladores y Eyeliner  Glam de La Perfumería de Mercadona

Consigue un look glamuroso coa colección Glam da Perfumería de Mercadona onde encontrarás todo o que precisas para iluminar a túa mirada. Descubre a paleta de seis sombras de ollos Glam, en textura po compacto de uso exclusivamente en seco, ou a sombra de ollos lapis automático, de textura cremosa e fórmula de longa duración.

Para intensificares a túa ollada, aplica o perfilador de ollos, achegarache luminosidade grazas ás súas pequenas partículas glitter e non esquezas o noso eyeliner glitter en tres cores, un must da tempada.

Po iluminador

Polvo Iluminador Glam de La Perfumería de Mercadona

Estas datas do Nadal convidan a lucires vestidos de festa e escotes pronunciados. A colección Glam, presenta o seu po iluminador corporal, en frasco de vidro con bomba difusora que libera o po de xeito uniforme.

Para unha correcta aplicación chega con exercer unha lixeira presión sobre a bomba. Obterás un acabado moi luminoso grazas aos seus lampexos de cor dourada.

Outras recomendacións

Completa a maquillaxe dándolle á túa mirada un toque especial coas nosas Máscaras de Pestanas Deliplus.

Sabes como coidar da túa pel? Sigue os nosos Consellos e consigue unha pel suave e bonita todo o ano coa liña de Limpeza Facial de Deliplus