Se buscas un novo efecto na túa maquillaxe de labios e uñas, presentámosche a nova Colección Galactic. Unha colección ideal para esta nova tempada que se caracteriza pola súa elegancia e luminosidade.
Atrévete con esta nova colección e presume dun look luminoso, cun toque sofisticado e resplandecente nos teus labios e nas túas uñas. Vaiche encantar!
Que contén a Colección Galactic?
A Colección Galactic está formada por 3 brillos de labios con escintileos de luz irisada e 4 lacas de uñas con efecto satinado:
- Brillos de Labios
- N.º 01 Coral Galáctico
- N.º 02 Granate Galáctico
- N.º 03 Crema Galáctico
- Lacas de Uñas
- Branco Perla N.º 856
- Rosa Perla N.º 857
- Marrón Perla N.º 858
- Berenxena Perla N.º 859
Que características ten?
- Os brillos de labios desta colección destacan polo máximo confort que achega a súa textura en crema e polas súas perlas de cores, que resplandecen co reflexo da luz.
- As Lacas de Uñas caracterízanse polo elegante efecto satinado que lles achegan ás uñas tras a súa aplicación.
Como se utiliza?
- Os Brillos de Labios aplícanse directamente nos labios co aplicador.
- Para as Lacas de Uñas aconséllase utilizar unha base previa para protexer a uña. Posteriormente, dar dúas capas de esmalte deixando secar o produto entre unha e outra aplicación. Por último, para selar e prolongar a súa duración recoméndase aplicar unha capa de xel brillo secado rápido.
Que resultados obterei con esta nova colección?
- O resultado da aplicación dos Brillos de Labios consiste nunha sensación confortable acompañada por un intenso reflexo luminoso.
- As Lacas de Uñas ofrécenche un resultado moi actual nas túas mans cun sofisticado acabado satinado.
Edición limitada
A colección Galactic é de edición limitada. Podes encontrala en tendas ata a fin de existencias.
Outras recomendacións
Coñeces o lapis de ollos máis versátil e fácil de utilizar? Se non o probaches aínda, descubre os usos do Lapis de Ollos Beixe.