Presentámosche a nova Colección Especial Maquillaxe para este outono, unha maquillaxe de alta cobertura como a que utilizan as estrelas de cine. Cobre totalmente todas as imperfeccións da túa pel e proporciónache unha longa duración.
Todos os produtos desta colección cobren, unifican e perfeccionan a túa pel. Disimulan manchas, pencas e tatuaxes. Queres conseguir un aspecto sedoso para a túa pel, sen filtros?
Estes son os 4 produtos da Colección Especial Maquillaxe
Maquillaxe No Transfer
- Maquillaxe no transfer de longa duración.
- A súa alta cobertura permite que dure máis tempo impecable.
- Indicada para todo tipo de pel, incluídas as secas, sempre que se hidratasen previamente.
- Aplica con esponxa, brocha ou cos dedos.
Primer Poros
- Corrixe poros e pequenas liñas de expresión.
- Ten unha textura cremosa cun toque de cor, acabado mate aveludado.
- Crea un filme invisible perfeccionador do rostro.
- Aplica antes da base de maquillaxe para unha acción perfeccionadora.
Maquillaxe Matte Mousse
- Tacto seda, alta cobertura, textura lixeira e acabado matificante.
- Especialmente indicado para pel normal a graxa.
- Axuda a controlar os brillos durante o día, ademais de perfeccionar o rostro.
Corrector Camouflage
- Indicado para todo tipo de pel.
- Cobre dende as olleiras máis escuras ata as manchas vermellas.
- Grazas á súa alta cobertura oculta incluso pencas e tatuaxes.
- Acabado natural e luminoso.
- Dous tons para elixir.
- Aplica unha pequena cantidade sobre a zona que hai que corrixir, e esfuma cunha brocha ou cos dedos con suaves golpiños.
O mellor de todo son os looks fascinantes que podes conseguir con esta Colección Especial Maquillaxe. Descúbreos na nosa Revista de Perfumería de Outono.
- Look 1 – Cute perfecta (con Primer poros, Corrector Camouflage n.º 1 e Maquillaxe No Transfer),
- Look 2 – Outono sen fin (con Primer Poros, Corrector Camouflage n.º 1 e Maquillaxe Matte Mousse).
Outras recomendacións
Probaches a Máscara facial limpadora e exfoliante Bubble Mask? Mantén a pel do teu rostro limpa, suave e libre de impurezas.
Utilizas o Aceite de Coco? Podes cociñar con el, pero tamén é perfecto para hidratar a túa pel e darlle un aspecto máis suave.
Se buscas unha depilación cómoda e indolora, en Mercadona temos o produto que mellor se adapta ás túas necesidades.