AVISO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros coa finalidade de facer que a súa navegación sexa segura, facer análise estatística das visitas á web, así como coñecer o seu comportamento. Se desexa máis información pode consultar a nosa POLÍTICA DE COOKIES. Pode aceptar o uso de cookies pulsando "ACEPTAR" ou Configurar/Rexeitar o seu uso pulsando pulsando "CONFIGURAR/REXEITAR".

Descubre a Colección de Maquillaxe ELLA, a nova maquillaxe de Mercadona que se leva este Nadal.

Colección ELLA, para a protagonista deste Nadal

07 de decembro de 2018

ELLA de Deliplus é a Colección de maquillaxe perfecta para este Nadal. Consigue unha mirada radiante e sofisticada, unha pel luminosa e un toque elegante e sedutor nos labios e nas uñas cos produtos desta completa colección, especialmente pensada para a protagonista do Nadal.

Que contén a Colección ELLA?

A Colección ELLA componse dos seguintes produtos:

Sombras de ollos

  • N.º 01 Sombra de ollos Radiante Stellar Dourado Radiante
  • N.º 02 Sombra de ollos Radiante Stellar Cobre Radiante
  • N.º 01 Sombra de ollos Mate Stellar Marrón Brillante
  • N.º 02 Sombra de ollos Mate Stellar Negro Brillante

Perfiladores

  • N.º 101 Perfilador de ollos Negro Perlado
  • N.º 201 Perfiladores de labios Bordeos Noite
  • N.º 202 Perfiladores de labios Vermello Escuro
  • N.º 102 Perfiladores de ollos e labios Granate

Barras de labios

  • N.º 01 Barra de labios Soft Mate Vermello
  • N.º 02 Barra de labios Soft Mate Bordeos

Po Iluminador

Máscara de pestanas Volume Adaptable

Lacas de uñas

  • N.º 843 Bordeos
  • N.º 844 Vermello
  • N.º 845 Glitter Cristais Rotos Dourado

Que características ten?

A continuación repasamos as características dos produtos desta colección.

Sombras de ollos

  • Sombras de ollos Radiante Stellar: Sombra de ollos en pigmento solto de acabado radiante metalizado. Dispoñible en dous tons:
    • N.º 01 Dourado Radiante
    • N.º 02 Cobre Radiante
  • Sombras de ollos Mate Stellar: Sombras de ollos de acabado mate con escintileos perlados brillantes. Dispoñible en dous tons:
    • N.º 01 Marrón Brillante
    • N.º 02 Negro Brillante

Perfiladores

  • Perfilador de ollos: Perfilador de ollos negro perlado textura xel de longa duración.
  • Perfiladores de labios: Perfiladores de labios textura xel de longa duración, a súa textura xel esténdese con total suavidade sobre o contorno dos labios. Dispoñible en dous tons:
    • N.º 201 Bordeos Noite
    • N.º 202 Vermello Escuro
  • Perfiladores de ollos e labios: Perfilador granate textura xel de longa duración para ollos e labios.

Barras de labios

  • Barra de labios Soft Mate: Barra de labios de acabado mate. Cobertura de cor nunha única pasada. Dispoñible en dous tons:
    • N.º 01 Vermello
    • N.º 02 Bordeos

Po Iluminador

  • Po iluminador corporal perfumado.

Máscara de pestanas Volume Adaptable

  • Máscara de pestanas negra de efecto Volume que se adapta a calquera tipo de pestanas grazas á ergonomía do seu cepillo.

Lacas de uñas

  • Lacas de uñas en 3 tons:
    • N.º 843 Bordeos
    • N.º 844 Vermello
    • N.º 845 Glitter Cristais Rotos Dourado

Como se utiliza a Colección ELLA?

Explicámosche como se utilizan/aplican os produtos desta colección.

Sombras de ollos

  • Sombras de ollos Radiante Stellar: Aplicar soa, directamente sobre a pálpebra coa axuda dun pincel de sombras. Tamén podes aplicala enriba de calquera sombra compacta para darlle un acabado metálico.
  • Sombras de ollos Mate Stellar: Esfumar coa axuda dun pincel de sombras sobre a pálpebra.

Perfiladores

  • Perfilador de ollos: Aplicar directamente sobre a pálpebra ou sobre a sombra de ollos.
  • Perfiladores de labios: Perfilar os labios antes de aplicar a barra de labios para darlles a forma desexada.
  • Perfilador de ollos e labios: Aplicar directamente sobre a pálpebra ou sobre o contorno dos labios. Esfumar se se desexa un acabado natural.

Barras de labios

  • Barras de labios Soft Mate: Aplicar directamente sobre os labios, previamente perfilados co perfilador textura xel da súa mesma tonalidade.

Po Iluminador

  • Aplicar o po coa axuda da borla sobre o pescozo, o escote, os ombros, etc.

Máscara de pestanas Volume Adaptable:

  • Aplicar a máscara polo lado de fibras longas e separadas para achegar volume. O seu lado en forma de arco con fibras curtas define e curva a pestana.

Lacas de uñas:

  • 1. En primeiro lugar recoméndase aplicar unha base para protexer as uñas.
  • 2. Despois aplícanse 2 capas do esmalte para un acabado perfecto deixando secar o produto entre cada aplicación.
  • 3. Segundo se desexe pódese aplicar o Xel brillo secado rápido para acelerar o secado do esmalte, protexer o esmaltado e aumentar a duración da manicura.

Que resultados obterás?

Sombras de ollos

  • Sombras de ollos Radiante Stellar: A súa textura cremosa adhírese facilmente sobre a pálpebra creando un resultado de cor pura e resplandecente.
  • Sombras de ollos Mate Stellar: Perfecta para darlle profundidade á mirada cun toque de sofisticación.

Perfiladores

  • Perfilador de ollos: Un trazo negro intenso con escintileos prateados totalmente homoxéneo.
  • Perfiladores de labios: A súa textura xel esténdese con total suavidade sobre o contorno dos labios.
  • Perfilador de ollos e labios: A súa textura e a súa cor versátil permiten usalo nos ollos e nos labios.

Barras de labios

  • Barra de labios Soft Mate: Cobertura de cor nunha única pasada. Confort extremo anti-labios resecos.

Po iluminador

  • Proporciónalle un tacto sedoso á pel e un acabado de pel luminosa lixeiramente perfumada.

Máscara de pestanas

  • Posúe dous lados de aplicación que combinan volume, definición e curvatura.

Lacas de uñas

  • Uñas en dúas cores para elixir e glitter dourado para decorar as túas uñas.

Edición limitada

A colección ELLA é unha colección de edición limitada, polo que poderás encontrala nas tendas ata a fin de existencias.

Se queres ser a protagonista deste Nadal, proba a Colección de Maquillaxe ELLA.

Outras recomendacións

Ilumina a túa mirada e estiliza o teu rostro co Lapis de Ollos Beixe Deliplus, un só lapis con 5 usos distintos.