Presentámosche a nova Colección de Edición Limitada Elixir d’Automne, para ti que che gusta coidarte.

Colección Elixir d’Automne, inspirada nos aromas do outono

10 de novembro de 2021

Para aqueles aos que dedicades esta época do ano a coidarvos chega Elixir d’Automne, unha colección inspirada nos aromas do outono, con ingredientes naturais. Se gozas dos rituais de beleza, Elixir d’Automne é para ti.

Esta colección, de Edición Limitada, é elegante, atemporal, sofisticada e moi versátil, coa que gozas dunha fragrancia única e singular en oito produtos diferentes.

Elixir d’Automne é un perfume amadeirado, afroitado, almiscrado, de saída luminosa e zumarenta grazas á combinación das notas de bergamota e froitos vermellos, cun corazón floral e un fondo amadeirado cremoso.

Ademais, a Colección Elixir d’Automne é perfecta para diferentes momentos do día. Descúbrea e apura, porque é Edición Limitada!

Que produtos compoñen a nova Colección Elixir d’Automne?

Crema das mans

  • Aplica unha pequena cantidade do produto nas mans e masaxea ata a súa absorción.
  • Para todo tipo de peles.
  • Pódese utilizar de forma continuada.

Eau de Toilette

  • Aplica sobre a pel. As mellores zonas son as sens, a base do pescozo e a parte interna de pulsos e cóbados. Hai que esperar 15 minutos para percibir o olor definitivo en cada pel.
  • Para todo tipo de peles.
  • Pódese utilizar de forma continuada.

Exfoliante corporal de azucre

  • Aplica mediante unha masaxe con movementos circulares e aclara con auga morna.
  • Ata 3 veces á semana.
  • Para todo tipo de peles.

Xel de Baño

  • Aplica na ducha ou no baño e aclara con abundante auga.
  • Para todo tipo de peles.
  • Pódese aplicar todos os días.

Manteiga corporal

  • Hidrata e suaviza a pel perfumándoa coa súa agradable fragrancia.
  • Estende sobre a pel mediante unha lixeira masaxe ata a súa total absorción.
  • Pódese aplicar todos os días.
  • Para todo tipo de peles.

Sal de baño relaxante

  • Abre o sobre, enche a bañeira con auga morna, bota todo o contido do sobre, toma o baño durante 20 - 30 min.
  • Pode utilizarse nunha almofía só para os pés como relaxante.
  • Pel normal.
  • Pode utilizarse cada vez que se tome o baño.
  • Pode mesturarse con outros produtos de baño como o xel ou aceites de ducha.

Aceite corporal perfumado

  • Estende sobre a pel limpa e seca do corpo mediante unha lixeira masaxe ata a súa absorción.
  • Para todo tipo de peles.
  • Todos os días.

Cando utilizar Elixir d’Automne?

Aínda que esta Colección é perfecta para calquera ocasión, propoñémosche tres momentos do día por se che serven de inspiración.

Momento Baño

Imagen Elixir Texto 1 ok

Se es dos que bloqueas un momento do día para ti e che gusta montar o spa na casa, esta proposta encantarache. Desconecta do día e déixate levar pola fragrancia de Elixir d’Automne. A túa mente e o teu corpo agradecerancho.

Para este momento, necesitarás:

  • Exfoliante corporal de azucre
  • Sales de baño
  • Xel de ducha
  • Manteiga corporal
  • Eau de toilette

Momento Express

Imagen Texto 2 Elixir

Se es dos que vai sempre co tempo xusto pero che encanta que a túa fragrancia te acompañe durante todo o día, propoñémosche esta combinación para levar Elixir d’Automne alá onde vaias.

Para este momento, necesitarás:

  • Xel de Baño.
  • Eau de Toilette.
  • Crema das mans.

Momento Mañás

Imagen Texto 3 Elixir

Se es dos que empezan o día cun ritual rápido de beleza, non perdas esta proposta. Unha forma fácil e rápida para que a fragrancia Elixir d’Automne te acompañe durante todo o día.

Para este momento, necesitarás:

  • Xel de Baño.
  • Aceite corporal.
  • Crema das mans.

Outras recomendacións

Se queres ter as uñas coidadas e perfectas, utiliza o noso Kit de Tratamento de uñas.