Xa tes á túa disposición Eclat, unha colección para que brilles con luz propia estas festas. Queres coñecela?
Eclat significa resplandor. Xusto o efecto que podes conseguir cos produtos desta colección.
Transmite sofisticación e elegancia, como a ti che gusta, harmonizando dúas cores que representan dúas facetas da muller moderna:
- Orquídea: feminidade, forza e atrevemento.
- Azul lazulita: elegancia, calma e sofisticación.
Estas cores combínanse co cobre, o primeiro metal, o ouro antigo capaz de xuntar os dous mundos.
Que produtos compoñen a Colección Eclat?
Eau de Parfum 100 ml
- Fragrancia.
- Familia olfactiva: framboesa negra e malvarisco.
Paleta de sombras
- Paleta de sombras de ollos mate, satinadas e metálicas.
- Elegante formato cadrado que inclúe un espello no seu interior.
- Contén 9 sombras:
Satinadas, Mates e Metálicas
Paleta Rostro
- Paleta de rostro.
- Elegante formato cadrado que inclúe un espello no seu interior.
- Contén:
- 1 po de rostro.
- 1 po bronceador.
- 1 po iluminador.
- 1 colorete.
Iluminador
- Suave fluído facial iluminador de tacto xel líquido, de textura lixeira e cun ton rosado.
- Adaptable a calquera ton de pel.
- Modo de uso: aplica unha pequena cantidade e esfuma cos dedos nos puntos de luz do rostro e/ou nas zonas visibles do corpo, como ombreiros, escote e pernas.
Barras de Labios
- Barra de labios de alta cobertura, de acabado brillante e de textura cremosa para uns labios a toda cor.
- Modo de uso: aplica directamente nos labios ou co pincel dos labios.
Neceser e brochas
O lote contén:
- Pincel pos.
- Pincel maquillaxe.
- Pincel para esfumar.
- Pincel sombras.
- Pincel sombra biselado.
- Pincel biselado.
- Neceser con apartado para brochas, apartado para transportar (sombras, máscara pestanas, barra de labios, etc.) e unha funda para pinceis.
Pinceis de pelo sintético. Recoméndase lavalos con xabón neutro.
Aptos para calquera tipo de texturas de maquillaxes (fluído, compacto ou cremoso) e sombras (po, fluídas e cremosas).
Laca de uñas
- Laca de uñas cor bordeos, unha xoia deste Nadal, con acabado mate satinado.
Perfilador ollos
- Perfilador automático.
- Negro con escintileos prateados.
- Afialapis incorporado.
Outras recomendacións
Ilumina e revitaliza a cor do teu pelo coa Máscara ColorCor Reviva.
O Aceite de Coco adáptase a moitos usos, por exemplo, a hidratación da túa pel para darlle un aspecto máis suave.