AVISO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros coa finalidade de facer que a súa navegación sexa segura, facer análise estatística das visitas á web, así como coñecer o seu comportamento. Se desexa máis información pode consultar a nosa POLÍTICA DE COOKIES. Pode aceptar o uso de cookies pulsando "ACEPTAR" ou Configurar/Rexeitar o seu uso pulsando pulsando "CONFIGURAR/REXEITAR".

Nueva Colección Eclipse de Deliplus para tus ojos

Colección de Eclipse de Deliplus, unha nova ollada para esta primavera

07 de marzo de 2017

Eclipse é a nova colección de cosmética cor de Deliplus, coa que conseguirás abraiar e destacar alí por onde pases. Unha elegante e moi práctica colección de maquillaxe para estares arrebatadora agora que chega o bo tempo. Porque esta primavera merece unha nova ollada, non o dubides.

Que produtos inclúe a colección Eclipse de Deliplus?

Esta colección componse de:

  • 1 máscara de pestanas de alta definición
  • 1 lapis de ollos negro intenso 24h
  • 3 sombras de ollos de acabado metálico
  • Laca de unllas

Características dos produtos da Colección Eclipse

Vexamos a seguir as principais características dos produtos desta colección.

Máscara de pestanas Alta Definición

  • Pincel aplicador extra fino: O pincel aplicador da nova Máscara Alta definición sorprende á vista polo seu deseño extra fino e tamén polo seu doado manexo.
  • O seu aplicador en forma de variña abrangue as pestanas de extremo a extremo incluíndo as máis curtas.
  • Este peculiar cepillo traballa as pestanas en simultáneo, desde a raíz até as puntas, facendo unha especie de varrido para un resultado absolutamente perfecto.
  • Resulta ideal para todo tipo de pestanas, grazas á súa definición de alta precisión consegue sacar o mellor delas.
  • Ton negro

Lapis de ollos

  • Aplicación de alta precisión.
  • Inclúe packaging automático que incorpora un afialapis no seu interior.
  • Longa duración de até 24 horas.
  • Textura ultra suave.
  • Trazo uniforme.
  • Cor negra intensa.
  • Permite a súa aplicación na parte interna do ollo
  • Fórmula Waterproof.

Sombra de ollos

  • Textura fluída e fresca en fórmula de longa duración.
  • Tacto xel fresco
  • Cor intensa de alto rendemento
  • Efecto luminoso
  • Doado difuminado.
  • Dispoñible en tres tons: chocolate, verde metálico e visón.

Laca de unllas

  • Laca cubrinte desde a primeira aplicación.
  • Combina pigmentos que lle proporcionan un ton metalizado ao esmalte.
  • Dispoñible en tons verde, azul, chocolate e visón.

Todos os produtos desta colección están dermatolóxica e oftalmoloxicamente testados.

A máscara de pestanas, as sombras e as lacas de unllas son de edición limitada. Porén, o lapis de ollos pasará a formar parte da variedade fixa.

Mercadona renova cada día a súa aposta pola fabricación española. Os produtos que pertencen a esta colección foron fabricados por WeColors, empresa radicada en Vilassar de Dalt, Barcelona.

Xa dispoñible en Mercadona a nova Colección Eclipse de Deliplus, porque esta primavera merece una nova ollada. Non a podes perder!

Outras recomendacións

Se procuras coidar o teu cabelo, proba a nosa Liña capilar Syoss, para lucires un cabelo san e brillante.

Coñeces a Liña de limpeza facial Deliplus? Inclúe catro produtos para limpiares e hidratares calquera tipo de pel.