Coida a pel do teu pequeno ou da túa pequena coa divertida máscara facial Kids Mask.

Coida a súa pel mentres se divirte con Kids Mask

22 de xuño de 2022

Coñeces a máscara facial Kids Mask?

A pel dos máis pequenos da casa é especialmente sensible. Por iso, non podemos descoidala, sobre todo durante a tempada do verán. Kids Mask coida, suaviza e respecta a pel do rostro infantil mentres os pequenos xogan, se divirten e gozan a tope das vacacións do verán.

Gustaralle unha máscara cun deseño infantil para sentirse como un verdadeiro unicornio durante un anaquiño? Seguro que si, é superdivertida! Ademais, é moi fácil de aplicar e ule de marabilla. Queres saber máis?

Características de Kids Mask

  • Máscara facial de tecido impregnado formulada con ingredientes de orixe natural.
  • Con extracto de arandos e amorodos. Un perfume divertido con notas doces que lembra as “lambetadas”.
  • Contén Provitamina B5 e extracto de regalicia que contribúen a manter a hidratación da pel.
  • Deseñada coa imaxe dun unicornio, que o transporta a un mundo máxico de fantasía.
  • Tamaño XS.
  • A partir de 3 anos.
  • Apta para todo tipo de peles.

Modo de uso

1. Limpa e seca o rostro antes de aplicar a máscara.

2. Pon a máscara e axusta o unicornio sobre o rostro.

3. Deixa actuar entre 5 e 10 minutos. Agora é o momento de aproveitar e facer un selfie divertido!

4. Retira a máscara e masaxea o rostro con suavidade. Non necesita aclarado.

5. Un só uso por máscara, non se debe reutilizar.

Outras recomendacións

Este verán, goza do sol sen riscos. Elixe o teu protector solar e segue os nosos consellos de uso.

Outro bo aliado para o verán son os produtos antimosquitos. E esquece as picaduras!

E se che apetece refrescarte da maneira máis divertida, Popitos Flash de Mercadona.