Uso de cookies

Empregamos "cookies" propias e de terceiros para elaborar o sitio. Se continuares a navegar debes aceptar o seu uso

Máis información e política de cookies.

Coa volta ao colexio pasamos lista a estes produtos para a alimentación e o coidado no día a día dos teus pequenos.

Chega a volta ao colexio e toca pasar lista

07 de septembro de 2018

Chega a volta ao colexio e, con ela, tamén a preparación de almorzos, organizar as merendas do recreo e da tarde, comidas e ceas...

En Mercadona recomendámosche algúns produtos ideais para a alimentación dos/as teus/túas fillos/as e para un aseo diario adecuado.

Pasa lista con todos estes produtos e escolle os que prefiras para os pequenos da casa, para que a súa volta ao colexio sexa perfecta:

Almorzos para empezar ben o día

Para un bo comezo das clases, un vaso de leite con cacao soluble é unha elección tan clásica como acertada.

Para acompañar o vaso de leite do almorzo ou como alternativa, tamén é moi recomendable comezar o día cunha peza de froita.

Outras opcións que podes ofrecerlles son as divertidas galletas tostadas animadas ou o tradicional croissant con manteiga.

Recreos con froitas

As froitas son unha opción ideal, para que os teus pequenos estudantes afronten mellor a actividade diaria do colexio.

Para a hora do recreo tes moitas opcións. As mazás Royal Gala ou os plátanos son eleccións frecuentes para unha merenda do recreo deliciosa.

Se o prefiren, podes darlles tamén froita de peto de mazá e plátano, unha cómoda forma de gozar de todas as vantaxes de tomar froita nos recreos.

Merendas saborosas

A merenda é outro momento ideal para completar a alimentación dos máis pequenos con algo de froita.

Tamén podes prepararlles un sándwich de Crema de Cacao e Abelás pralinutta ou un sándwich de paté de finas herbas.

Ademais, tanto para os recreos como para as merendas tamén podes darlles algunha alternativa bebible, como os iogures para beber de amorodo ou os minibricks enerxía e crecemento de Hacendado.

Unha cea coa que completar a volta ao colexio

A volta ao colexio está chea de emocións. A mellor forma de terminar a xornada escolar é cunha deliciosa cea.

Se optas polo peixe, os paus de pescada teñen un sabor que lles encantará. Para unha cea con carne, as hamburguesas de vacún e porco son a comida preferida de moitos pequenos.

Ambas as opcións poden ser ideais, sobre todo acompañadas dunha gornición de verduras.

Non esquezas que é moi recomendable para a súa dieta que tomen todos os días 5 racións de froitas e verduras, polo que intenta sempre incluílas na súa alimentación.

Todo o aseo que necesitan

Coa volta ao colexio, o aseo diario ten que adaptarse á rutina das clases. Para iso recomendámosche estes produtos que atoparás na Perfumería de Mercadona.

Para un peiteado perfecto, aproveita o cepillo antitiróns Mickey, co que conseguirás que teña un pelo suave e sen tiróns.

Para gardar todos os seus produtos de hixiene, contan con divertidos neceseres cos seus personaxes preferidos da televisión.

Para rematar, escolle a auga de colonia fresca para que gocen dunha fragrancia ideal.

Outras recomendacións

Se para a cea queres ofrecerlles algo completamente orixinal, pero igual de delicioso, aproveita esta receita de minihamburguesas vexetais con chícharos e espinacas, con sementes de cabaza e xirasol ou con berenxenas.

Na hixiene diaria de toda a familia, aproveita os xeles de baño Deliplus, con toda a variedade que podes necesitar para protexer e hidratar a pel.