Hoxe celébrase o Día Nacional das Pestanas e maquillalas axuda a potenciar a túa mirada. Xa na Antigüidade se utilizaban primitivas maquillaxes, antecesoras das actuais, para escurecelas e facer máis profunda a mirada.
Sumámonos a esta data sinalada con estes impresionantes acabados de pestanas, moi diferentes entre si, que farán que a túa maquillaxe dos ollos resulte impecable. Feliz Día Nacional das Pestanas!
Consigue os acabados máis atractivos nas túas pestanas
Descubre os acabados de pestanas que marcan tendencia e os produtos idóneos para conseguilos. Elixe o teu favorito!
Volume intenso
No te rendas, podes conseguir un volume intenso ata nas pestanas máis pequenas.
Para iso, recomendámosche utilizar a Máscara Maxi Volume, especialmente indicada para achegar un volume extremo ás túas pestanas. Fácil aplicación e duración prolongada.
Lonxitude e naturalidade
Pensas que conseguir un acabado de pestanas longas é incompatible con manter o seu aspecto natural? Nada diso!
Pódelo conseguir coa Máscara Long Xtrem, máscara de pestanas alongadora. Á parte da lonxitude que indica o seu nome, achega tamén definición. Cunha soa capa lograrás a naturalidade que buscas.
Volume e curvatura
Lucir unhas pestanas de impacto, cun acabado que combine volume e curvatura, é máis fácil do que cres.
- Para logralo, a nosa suxestión é a Máscara Volume & Curve XL, con cepillo XL de deseño especial que axuda a conseguir ese efecto: volume e curvatura acentuada.
Volume natural
Prefires un acabado con volume natural con efecto abano (volume en 4 dimensións) para a túa mirada?
Necesitarás a Máscara de pestanas Volume 4D, ideal para achegar volume, peitear, definir e alongar as pestanas. Atención ao seu cepillo recto, provisto de sedas de distintas lonxitudes. Unha máscara perfecta para o seu uso diario.
Sabes como se aplica unha máscara de pestanas?
Aplicar unha máscara de pestanas é moi fácil. Debes facelo da raíz ás puntas, facendo movementos en zigzag para poder separalas e conseguir o máximo volume.
É importante que as túas pestanas estean limpas e secas antes da aplicación da máscara.
Consello: utiliza a punta da túa máscara para definir e separar ben as pestanas.
Outras recomendacións
Aprende a limpar correctamente as túas brochas e pinceis de maquillaxe.