A crema hidratante Aquagel de Deliplus proporciónache frescura e hidratación na túa pel durante 24 horas.

Aquagel, frescura e hidratación 24 horas na túa pel

24 de agosto de 2020

Probaches a crema hidratante Aquagel de Deliplus? Nesta época do ano a túa pel necesita un tratamento corporal que a hidrate e a refresque de forma adecuada.

Se queres protexerte e previr os efectos do verán como a pel seca e áspera pola acción do sol, do sal do mar, do cloro da piscina, do aire acondicionado, etc., proba esta crema e goza da súa eficacia.

Características da crema hidratante Aquagel

Estas son as principais características que encontramos neste produto:

  • Aquagel é unha crema de uso corporal cunha textura ultralixeira e moi suave.
  • Ingredientes:
    • Extracto de pomelo
    • Extracto de té verde
    • Manteiga de karité
    • Glicerina
  • Apta para todo tipo de peles, incluso as sensibles.
  • Absórbese con moita rapidez e non deixa efecto graxo.
  • A pel queda suave e agradablemente perfumada.
  • Beneficios para a túa pel: frescura e hidratación durante 24 horas.

Modo de emprego

Aplica o produto polo corpo mediante unha lixeira masaxe ata a súa total absorción. Uso diario despois da ducha ou baño.

Este produto preséntase nun cómodo formato de tarro de 220 ml.

Outras recomendacións

Descubre todos os beneficios da combinación do noso Exfoliante corporal con partículas de coco e a manteiga corporal con aroma de coco.