Uso de cookies

Empregamos "cookies" propias e de terceiros para elaborar o sitio. Se continuares a navegar debes aceptar o seu uso

Máis información e política de cookies.

Encontra o agasallo perfecto para este Nadal na Perfumería de Mercadona.

Antollos de beleza na Perfumería de Mercadona

20 de decembro de 2017

Encontra o agasallo perfecto para este Nadal na Perfumería de Mercadona. Abofé que atinas na túa escolla entre a gran variedade de lotes de fragrancias.

Para ela

La Perfumería Regalos Ella

Abráiaa cos novos lotes Beauty Cocktail de Flor de Mayo, que levan no seu interior crema de mans, fragrancia Big Red Love e mais complemento ou co lote Comotú Amor que contén auga de colonia, crema para o corpo e xel de baño.

Para el

La Perfumería Regalos Él

Dá no cravo co lote Comotú Fuerza que contén auga de colonia, xel de baño e xampú ou co Beauty Cocktail de Flor de Mayo que garda no seu interior xel de ducha, fragrancia Big mío e mais complemento.

Para as crianzas

La Perfumería Regalos Niños

Eles, sen ningunha dúbida, son a alegría destas festas e han estar cativados ao recibiren un agasallo coas súas personaxes favoritas. Para as nenas, poderás encontrar o neceser de Prodigiosa cun set de baño e perfume ou o lote de Hello Kitty con auga de colonia e xel de ducha. Para os nenos, o lote do gran súper heroe Spiderman que contén auga de colonia, caixa metálica e xel de ducha ou as graciosas personaxes de Gru3, Mi Villano Favorito, con auga de colonia e xel de ducha.

Outras Recomendacións

A cosmética sempre dá no cravo: para elas é un agasallo ideal o Master Kit de Maquillaxe de Deliplus, unha paleta de cores coas últimas tendencias… Ou se prefires realizar un pequeno detalle chic, a colección de vernices de unllas Le Petit Bijoux resulta sofisticada e está á moda.