Uso de cookies

Empregamos "cookies" propias e de terceiros para elaborar o sitio. Se continuares a navegar debes aceptar o seu uso

Máis información e política de cookies.

Antimosquitos y pulsera citronela Mercadona

Antimosquitos en Mercadona

28 de maio de 2019

Coa chegada do bo tempo, aparecen os mosquitos e as súas molestas picaduras. En Mercadona ofrecémosche diferentes posibilidades para librarte deles: antimosquitos eléctrico con recarga líquida ou en pastillas, pulseiras de citronela e spray repelente.

Todo iso para que escollas o que máis che guste e mellor che funcione. E a pasar un verán tranquilo sen mosquitos!

Pulseira de Citronela

Pulsera citronela en Mercadona

Pulseira para o pulso ou o nocello con fragrancia a citronela que ofrece protección contra os mosquitos. De efecto instantáneo. Dispoñible en diferentes talles.

Spray repelente de insectos

Spray repelente de mosquitos Mercadona.

Spray vaporizador de 100 ml de aplicación corporal para escorrentar os mosquitos con ata 6 horas de protección.

Antimosquitos Eléctrico de Mercadona con dobre uso: Recarga líquida ou pastillas

Antimosquitos eléctricos Mercadona

O difusor enchúfase á corrente para crear ambientes libres de mosquitos. De acción duradeira contra os mosquitos:

  • Recambio líquido: 360 horas de protección.
  • Pastillas: 30 pastillas para 30 noites sen mosquitos.

Pódese elixir entre recambio líquido ou pastillas, pero nunca utilizalos ao mesmo tempo.

Como se utilizan os Antimosquitos Mercadona?

Pulseira citronela

  • Abrir o envoltorio. Sacar a pulseira Slap. Colocar no pulso ou no nocello.

Spray repelente de insectos

  • Aplicar sobre as zonas da pel que hai que protexer. Non pulverizar directamente sobre a cara. Estender o produto polo corpo coa man. Lavar as mans despois da utilización do produto.

Antimosquitos eléctrico e recambio líquido

Antimosquitos eléctricos Mercadona 1.

  • Destapar a botella e enroscar o recambio no difusor xirando en sentido contrario ao das agullas do reloxo.
  • Axustar o enchufe xiratorio para que o difusor quede colocado en posición vertical.
  • Enchufar o difusor á toma de corrente e pulsar o interruptor. A luz vermella indica que o aparato difusor está en funcionamento.
  • Para extraer o recambio, apagar e desenchufar o aparato, logo desenroscar xirando no sentido das agullas do reloxo.

Antimosquitos eléctrico e pastillas

Antimosquitos eléctricos Mercadona 2

  • Axustar o enchufe xiratorio para que o difusor poida enchufarse en posición vertical, de forma que a pastilla quede completamente en horizontal.
  • Asegurar que non se coloca unha pastilla se xa hai un recambio líquido. Sacar a pastilla do envoltorio protector e introducila na rañura horizontal superior do aparato, deixar que repouse enriba da placa calefactora.
  • Conectar 2 horas antes da súa utilización prevista. Enchufar o difusor á toma de corrente e pulsar o interruptor para iniciar a evaporación do produto insecticida. A luz vermella indica que o aparato está en funcionamento.
  • Para substituír a pastilla cando estea esgotada desenchufe primeiro o aparato.

Outras recomendacións

Se ademais queres manter a túa pel protexida, deixámosche aquí algúns consellos baixo o sol para non poñer en risco a nosa pel.