Se procuras hidratar a túa pel do xeito máis lixeiro posible, proba o Aceite Corporal Tacto Seco Deliplus. Un delicado aloumiño coa suavidade da seda e unha suxestiva fragrancia chea de sensualidade grazas aos seus toques cítricos, florais e especiados…
A rápida absorción do Aceite Corporal Tacto Seco Deliplus convérteo nun imprescindible para o teu ritual cotián de beleza, xa que a pel fica nutrida e suave sen sensación graxa grazas ao seu agradable tacto satinado.
Sinte o irresistible pracer dun aceite perfumado que aloumiña delicadamente o teu corpo pinga a pinga.
Déixate envolver pola súa fragrancia
Aplica unhas pingas na palma da man do Aceite Corporal Tacto Seco Deliplus e proba a masaxear suavemente a pel, deixándote envolver pola súa fragrancia. Pura sensualidade nunha fusión fresca e intensa de notas cítricas e afroitadas cun bouquet de flores brancas e un sedutor fondo con cedro e almiscre.
Outras recomendacións:
Hidrata a pel sen saíres da ducha coa nova Hidratante Corporal baixo a ducha Deliplus.
Ademais, limpa a túa pel de impurezas co Exfoliante Corporal Mineral con sales do Mar Morto.