Apetéceche cambiar o look dos teus ollos con cada estación do ano? Unha mirada totalmente renovada e radiante para primavera, verán, outono e inverno! Descubre os segredos da nosa paleta 4 estacións e sigue as indicacións con esta selección de produtos.
Que produtos necesitas para estes looks?
Para renovar a imaxe dos teus ollos con cada estación vas necesitar os seguintes produtos:
Paleta 4 estacións My Soul
Esta paleta agocha dous segredos moi interesantes:
En primeiro lugar, combinando os seus produtos conseguirás un aspecto moi favorecedor para as catro estacións do ano. Componse de:
- 20 sombras de ollos de acabado mate, satinado e perlado.
- Un iluminador facial universal.
- Lapis de ollos Dúo: de textura cremosa, dúas cores no mesmo lapis, marrón medio e negro intenso. Enmarca a mirada e permite delinear e esfumar con facilidade.
Ademais, o seu cofre misterioso está deseñado para utilizarse tamén como xoieiro ou caixa de maquillaxe.
Lote de pinceis
Pinceis de pelo sintético e mango de madeira, para unha boa resistencia fronte aos golpes e ás caídas.
- Pincel para esfumar sombras: deseñado para a perfecta aplicación e o esfumado de sombras.
- Pincel maquillaxe: para aplicar bases fluídas ou compactas.
- Pincel po: para a aplicación de todo tipo de po cosmético.
- Pincel biselado: para delinear as sombras e esfumar as cellas.
- Manta para pinceis: este lote incorpora unha manta para gardalos e transportalos.
A limpeza destes pinceis realízase lavándoos con xabón neutro e deixándoos secar horizontalmente.
Estes produtos, tanto a paleta coma os pinceis, son de edición limitada, polo que só poderás adquirilos nas nosas tendas ata finalizar existencias.
Unha mirada escintilante para cada estación do ano
Propoñémosche catro looks diferentes e moi atractivos para os teus ollos. Un para cada estación do ano. Conseguiralos combinando estes produtos da Paleta 4 estacións My Soul tal como che indicamos:
Primavera
Estes son os produtos para presumir do teu look de ollos “primavera en flor”:
- Sombra N.º 18
- Sombra N.º 19
- Sombra N.º 20
- Perfilador marrón
Paso a paso
- Utiliza a sombra N.º 18 para darlle intensidade a toda a pálpebra móbil, tanto na parte superior como na inferior.
- Coa sombra N.º 19 dá un toque de luz na parte externa da pálpebra móbil.
- Aplica contraste de cor coa sombra N.º 20 na parte exterior da pálpebra móbil.
- Perfila co lapis de cor marrón.
Verán
Para contribuír a un look “verán sen fin” maquilla os teus ollos coas seguintes sombras:
- Sombra N.º 05
- Sombra N.º 06
- Sombra N.º 02
- Perfilador negro
Paso a paso
- Coa sombra N.º 05 aplica cor en todo a pálpebra móbil.
- Emprega a sombra N.º 06 para delinear a parte inferior do ollo.
- Utiliza a sombra N.º 02 en toda a pálpebra fixa estendéndoa ata o arco da cella.
- Perfila coa cor negra.
Outono
Uns ollos con look “outono romántico” conséguense utilizando estes produtos:
- Sombra N.º 07
- Sombra N.º 09
- Sombra N.º 11
- Perfilador negro
Paso a paso
- Aplica sombra N.º 07 en todo a pálpebra móbil.
- Delinea a parte superior e inferior do ollo coa sombra N.º 09.
- Aplica sombra N.º 11 na zona superior da pálpebra móbil.
- Perfila coa cor negra.
Inverno
Para lucir un look “inverno esmeralda” debes combinar:
- Sombra N.º 13
- Sombra N.º 14
- Sombra N.º 16
- Sombra N.º 12
- Perfilador negro
Paso a paso
- Coa sombra N.º 13 esfuma a pálpebra móbil dende o exterior ata a metade interior.
- Enriba aplica un toque de cor coa sombra N.º 14.
- Utiliza a sombra N.º 16 para intensificar a cor dende a metade da pálpebra móbil cara ao exterior.
- Achega brillo ao look aplicando a sombra N.º 12 no lacrimal.
- Perfila coa cor negra.
- Coa sombra N.º13 delinea a parte inferior do ollo.
Outras recomendacións
Descubre o Segredo da Perfumería para este Nadal.