AVISO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros coa finalidade de facer que a súa navegación sexa segura, facer análise estatística das visitas á web, así como coñecer o seu comportamento. Se desexa máis información pode consultar a nosa POLÍTICA DE COOKIES. Pode aceptar o uso de cookies pulsando "ACEPTAR" ou Configurar/Rexeitar o seu uso pulsando pulsando "CONFIGURAR/REXEITAR".

O novo penso Compy para gatos adultos Compy Supreme Polo e Arroz achega todos os nutrientes que precisa a túa mascota.

Penso para gatos adultos Compy Supreme Polo e Arroz

02 de febreiro de 2017

O novo penso para gatos adultos Compy Supreme Polo e Arroz, densenvolvido por veterinarios e expertos en nutrición e alimentación de mascotas, é un alimento completo para gatos adultos e femias xestantes que achega todos os nutrientes precisos para que os gatos teñan unha vida activa e plena.

Os mellores ingredientes no penso Compy para gatos adultos

Compy Supreme Polo e Arroz, penso Compy para gatos adultos de Mercadona, contén ingredientes seleccionados de alta calidade e moi nutritivos como o polo fresco e o ovo, fontes de proteínas de elevado valor biolóxico, moi dixestivas e saborosas que axudan ao mantemento da masa muscular, e arroz e tapioca, carbohidratos de gran tolerancia dixestiva e fonte de enerxía. Ademais contén aceite de peixe como fonte de DHA que axuda a manter a función cognitiva do cerebro.

Grazas aos diferentes ingredientes que podemos encontrar na composición do penso para gatos adultos Compy Supreme Polo e Arroz, pódense conseguir unha serie de vantaxes adicionais:

  • FOS, paredes de fermentos fonte de MOS e B-glucanos, que axudan a reforzar o sistema inmune e a equilibrar a flora intestinal.
  • Extra de taurina. Os gatos non son quen de producir toda a cantidade de taurina que precisan e, por iso, é moi importante a súa achega no alimento. A taurina intervén no correcto funcionamento e desenvolvemento da visión, corazón e na reprodución.
  • Biotina, cobre e zinc quelado, que contribúen a que o gato teña un bo aspecto de pelo e pel, favorecendo un pelo relucente, sedoso e saudable.
  • Extractos de cítricos, vitamina C e vitamina E. A achega combinada de todos eles contribúe na loita contra os radicais libres, axudando a retrasar o envellecemento prematuro das células do organismo.
  • Yucca schidigera (ou iuca de Moxave) e FOS, que contribúen a reducir o cheiro das dexeccións e dos ouriños. Xa que é moi importante estimular os gatos a ouriñar con frecuencia e así reducir o tempo de retención da urina na vexiga

Compy Supreme Polo e Arroz é un alimento nutricionalmente completo, un penso ideal para gatos adultos e femias xestantes especialmente durante a primeira metade do período de xestación, xa que achega todos os nutrientes diarios precisos para manter un estado óptimo de saúde. Trátase dun alimento concentrado, saboroso e de pequeno tamaño para garantirmos unha inxesta axeitada, ademais de ser un produto moi dixestivo con ingredientes de moi alta calidade.

Xa probou o teu gato este novo penso Compy para gatos adultos?

Outras Recomendacións:

É o teu gato obeso ou ten sobrepeso? Nese caso recomendámosche o penso Compy para gatos obesos ou con sobrepeso.

Tamén che recomendamos a lectura do artigo sobre os Pensos para gatos Compy, para que coñezas cal é o tipo de penso máis axeitado para a túa mascota.

Por último, recomendamos a nosa publicación sobre pipetas para gatos para frear as picadas de mosquitos e as infestacións de pulgas e carrachas.