Os snacks para cans Compy son un complemento perfecto para a túa mascota. O produto Compy Corazones Tiernos y Jugosos é un delicioso e suculento bocado para cans de razas medias e grandes con forma de corazón que lle encantará ao teu can, pola súa textura branda facilmente mastigable e a súa elaboración con carne fresca de polo.
A nosa mascota é parte da nosa familia, e que mellor xeito de lle demostrar canto a queres que usando os snacks para cans Compy, perfectos para gozar en calquera momento do día. Ofrécellos cando se porte ben ou simplemente para lle dares unha satisfacción. Recompensar o teu can con snacks axuda a establecer un vínculo entre o dono e o can, ademais de ser de grande axuda se estás a adestrar a túa mascota.
Beneficios de Compy Corazones Tiernos y Jugosos
Este snack para cans Compy é ideal para lle dares un premio ao teu can, ademais de para lle axudar a estimular o sistema inmune e a mellorar a súa saúde dixestiva grazas á achega de MOS e B-glucanos. Por medio dos MOS (mannanoligosacáridos) favorécese a eliminación, a través das dexeccións, das bacterias patóxenas causantes de transtornos dixestivos. Por outro lado, os B-glucanos axudan a reforzar as defensas do organismo, activando as células chave do sistema inmune e actuando sobre diferentes patóxenos nos primeiros momentos da infección.
Coa súa forma de corazón, resultan atractivos e suculentos, o que fará gozar o teu can dos anacos de tempo e dos xogos compartidos connosco. Ademais, grazas á súa textura, son ideais para cans adultos con enxivas e dentes sensibles.
Ofrécelle o teu corazón ao teu can e demóstralle canto o queres con este snack para cans Compy.
Outras Recomendacións
Se procurares snacks para a limpeza dental, recomendámosche a lectura de Snacks Compy para a limpeza dental con efecto cepillado.
Tamén che pode interesar a lectura do artigo sobre que tipo de penso de Mercadona é o máis axeitado para o teu can. Con recomendacións segundo a súa idade, tamaño e raza.
Por último, é interesante ler a publicación sobre os procesos de calidade do penso Compy de Mercadona onde se explican as materias primas e nutrientes, así como os controis de calidade.