Snacks de premios para perros Compy

Snacks de Compy para premiar o teu can

26 de decembro de 2023

O noso can merece o mellor. Sempre está aí, esperando a que cheguemos á casa para recibirnos alegremente. É parte da nosa familia e gústalle xogar con nós, descansar ao noso lado e gozar dun snack na nosa compañía.

Na gama Compy, marca exclusiva de Mercadona, ademais de pensos tamén podes encontrar unha gran variedade de snacks para os cans máis esixentes e caprichosos.

Os snacks de Compy son moito máis que un complemento na súa alimentación. Compartir cada día unha larpeirada co noso can, permítenos estreitar a nosa complicidade con el, axúdanos a educalo ofrecéndollela como recompensa e fai máis entretidos e exquisitos os nosos momentos tanto na casa como ao aire libre.

Por iso te animamos a compartir co teu can un snack para premiar a súa fidelidade. Podes ir variando para sorprendelo en cada ocasión, dependendo da raza e da idade.

Cando e como premiar o teu can?

Texto 6 Imagen Snacks Perros

Se se busca educar, é conveniente darlle estas recompensas ao can cun sentido. No hai nada de malo en ofrecerlle unha larpeirada de vez en cando sen motivo aparente, aínda que é moi importante seguir a guía de alimentación para cada tamaño de can indicada na parte traseira do envase.

Estes alimentos utilízanse moitas veces en programas de adestramento e sempre deben utilizarse con rigor e eficiencia. O animal debe entender por que acción se está premiando, de xeito que hai que facelo de forma directa e moi concreta, sen abusar das recompensas, xa que se trata dun alimento complementario.

Un premio emprégase como reforzo positivo para a mascota en casos como os seguintes:

  • Se estamos adestrando o can nalgunha actividade, como sentarse, dar a pata, etc.
  • Se queremos mellorar o seu comportamento. Por exemplo, fomentar que se porte ben á hora do baño, que non se bote a comer enriba do prato antes de que o deixemos no chan, etc.
  • No caso de cachorros que están aprendendo a facer as súas necesidades na rúa.
  • Etc.

Ademais podemos achegar snacks con diferentes funcionalidades como por exemplo favorecer a hixiene dental e axudar a manter un alento fresco.

Tipos de premios non aptos para o consumo animal

Hai que evitar os doces e o chocolate, xa que son prexudiciais para a súa saúde. Tamén se desaconsellan os ósos de polo, xa que poden restelar e provocar problemas cravándose tanto na boca como no tracto dixestivo do animal.

Texto 7 Imagen Snacks Perros

Unha recomendación importante: as recompensas deben ir acompañadas sempre por expresións de afecto e cariño para contribuír ao reforzo positivo. Aos cans non sempre se lles ensina con premios. Por iso, é importante acompañalos con caricias, un ton de voz amable, un alto grao de complicidade, pasar tempo con eles, etc.

Divertidos e saborosos snacks de Compy para cans adultos

Compy Corazóns

Compy Corazones de Mercadona

Se queres namorar de verdade o teu can ofrécelle deliciosos bocados tenros e zumarentos con forma de corazón elaborados con polo fresco. Axudan a reforzar o sistema inmunitario.

Ideais para cans con dentadura sensible ou para cans acostumados a comida húmida.

Apto para cans adultos de raza pequena, mediana ou grande.

Envase: 350 gramos.

Compy Pauciños

Compy Palitos de Mercadona

Estes divertidos snacks, con forma de pauciño, conteñen ingredientes para o coidado do pelo e tamén para o benestar intestinal. Ademais, están enriquecidos con vitaminas.

Apto para cans adultos de raza pequena, mediana ou grande.

Envase: 200 gramos.

Compy Delicias Sabor Beicon

Delicias sabor bacon de Mercadona

Deliciosas tiras con sabor a beicon con ingredientes que axudan ao coidado do pelo e ao correcto funcionamento do corazón e da vista.

Indicado para cans adultos de raza pequena, mediana ou grande.

Envase: 150 gramos.

Compy Stick Dental

Compy Stick Dental de Mercadona

Indicado para cans adultos de raza mediana ou grande, favorece a hixiene dental.

Grazas aos seus ingredientes activos e ao efecto físico realizado pola súa forma e textura, axuda a controlar a formación da placa e o sarro e contribúe a proporcionar un alento fresco.

Ademais, é baixo en graxa e sen azucres engadidos.

Envase: 208 gramos.

Compy Mini Stick Dental

Compy Mini Stick Dental de Mercadona

Indicado para cans adultos de raza pequena, favorece a hixiene dental.

Grazas aos seus ingredientes activos e ao efecto físico realizado pola súa forma e textura, axuda a controlar a formación da placa e o sarro e contribúe a proporcionar un alento fresco.

Ademais, é baixo en graxa e sen azucres engadidos.

Envase: 250 gramos.

Divertidos e saborosos snacks de Compy para cachorros de todas as razas e para adultos de razas pequenas

Compy Snacks Júnior

Compy Snacks Júnior de Mercadona

Este snack brando e facilmente mastigable está indicado para cachorros de todas as razas a partir dos 3 meses de idade e tamén para cans adultos de razas pequenas.

Os seus ingredientes axudan ao coidado do pelo e contribúen ao benestar intestinal.

Envase: 125 gramos.

Outras recomendacións

Infórmate con máis detalle sobre a calidade do penso Compy.

Sabes como alimentar o teu can segundo o seu tamaño? Aprende a darlle a alimentación correcta.

Contámosche, tamén, como incluír alimento húmido para a túa mascota.