Uso de cookies

Empregamos "cookies" propias e de terceiros para elaborar o sitio. Se continuares a navegar debes aceptar o seu uso

Máis información e política de cookies.

Pensos Compy para gatos esterilizados, a mellor forma de coidares a túa mascota.

Pensos Compy para gatos esterilizados

13 de xuño de 2017

Os gatos esterilizados precisan dunha dieta especial, xa que o seu sistema hormonal fai que sexan propensos á obesidade e ao sedentarismo. Para iso, Compy desenvolveu dous alimentos específicos para gatos con este tipo de necesidades especiais: “Compy Gatos Esterilizados – Light 1,5 kg” e “Compy Supreme Esterilizados – Light 800g”.

Tendo en conta as últimas recomendacións dos expertos en nutrición de animais de compañía, formulamos os pensos Compy para gatos esterilizados que conteñen todos os ingredientes precisos para conseguiren unha dieta con:

  • Unha achega moderada de enerxía, mais con todos os ácidos graxos esenciais. Así como un extra de L-carnitina que contribúe a minimizar a acumulación de graxa corporal.
  • Un óptimo nivel de fibra cunha achega de orxo hidrolizada de lenta asimilación e moi doada de dixerir que axuda a diminuír a sensación de fame.
  • Unha achega de extracto de yucca schidigera para axudar a un mellor control do cheiro das dexeccións e dos ouriños, favorecendo a micción na bandexa.

O penso “Compy Gatos Esterilizados–Light 1,5 kg” destaca por conter ingredientes seleccionados que fornecen as croquetas dun excelente sabor e textura que os gatos adoran.

A combinación dunha achega moderada de enerxía, dun óptimo nivel de fibra e dun maior nivel de proteína neste alimento fano axeitado para animais con sobrepeso e/ou esterilizados con tendencia a gañaren peso.

Ademais, contén graxa avícola (fonte de omega 6) e aceite de peixe (fonte de omega 3) para axudar a manter un pelo san, brillante e sen caspa. Tamén incorpora un extra de taurina, moi importante para un correcto desenvolvemento e funcionamento do corazón e da visión.

Se procurarmos un produto con carne fresca, a mellor opción é o penso “Compy Supreme Esterilizados–Light 800g” cuxo ingrediente principal, o polo fresco, constitúe unha fonte de proteína moi dixestiva e saborosa que axuda ao mantemento da masa muscular.

Contén aceite de peixe (fonte de DHA) que axuda a manter a función do cerebro (función cognitiva), e incorpora arroz integral que achega fibra á dieta.

Este produto tamén incorpora FOS, MOS e B-glucanos, que axudan a reforzar o sistema inmune e a equilibrar a flora intestinal, así como extractos de cítricos, vitamina C e vitamina E, onde a achega combinada de todos eles contribúe na loita contra os radicais libres axudando a retrasar o envellecemento prematuro das células do organismo.

Alén diso, grazas á achega combinada de biotina, cobre e zinc quelado contribuímos a que o gato teña un pelo brillante, sedoso e saudable. Incorpora, aínda, un extra de taurina, moi importante para un correcto desenvolvemento e funcionamento do corazón e da visión.

Compy Supreme Esterilizados–Light 800g contén un óptimo nivel de sodio para favorecer o consumo de auga e axudar a obter uns ouriños menos concentrados, así como metionina hidroxianáloga que favorece un pH ácido que dificulta a formación de cálculos urinarios de estruvita.

Pensos Compy para gatos esterilizados, a mellor forma de coidares a túa mascota.

Consellos para gatos esterilizados

  • É moi importante que os gatos ouriñen con frecuencia para minimizar a formación de cálculos urinarios. De aí a conveniencia de estimulalos, mantendo a bandexa limpa e sen cheiros.
  • Os pensos Compy para gatos esterilizados tamén son axeitados para gatos adultos con sobrepeso con máis de un ano que precisen dun alimento "light".

Outras recomendacións

Recomendamos a lectura da nosa publicación sobre penso para gatos Compy Supreme con Salmón e Arroz, onde temos información sobre os nutrientes que se achegan para a vida activa do noso gato.

Outra recomendación é a publicación sobre penso Compy para gatiños xa que así coñecemos unha dieta axeitada para o crecemento e desenvolvemento do noso gatiño. E, por último, aconsellamos ler a nosa publicación sobre os procesos de calidade do penso de Mercadona, que nos permite coñecer as materias primas e os seus certificados.