AVISO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros coa finalidade de facer que a súa navegación sexa segura, facer análise estatística das visitas á web, así como coñecer o seu comportamento. Se desexa máis información pode consultar a nosa POLÍTICA DE COOKIES. Pode aceptar o uso de cookies pulsando "ACEPTAR" ou Configurar/Rexeitar o seu uso pulsando pulsando "CONFIGURAR/REXEITAR".

Pensos Compy para gatiños, a mellor opción para alimentares o teu gatiño.

Pensos Compy para gatiños: A mellor opción para alimentares o teu gatiño

03 de maio de 2017

Nesta etapa decisiva é moi importante alimentares o teu gatiño cunha dieta específica para un perfecto crecemento e desenvolvemento. Para iso, Compy desenvolveu dous alimentos específicos para gatiños como son os produtos: Compy Supreme Gatitos, rico en polo fresco e arroz e Compy Gatitos, rico en aves con arroz e leite.

As necesidades de enerxía e de nutrientes dos gatiños son moito máis elevadas que as dos gatos adultos e precisan recibir unha alimentación axeitada que permita un desenvolvemento normal que os prepare para unha vida longa, activa e saudable. Os pensos Compy para gatiños son a dieta ideal para o noso gatiño desde as 8 semanas de idade até que cumpra un ano, xa que a fase de crecemento dura nos gatiños aproximadamente 1 ano.

Os pensos Compy para gatiños foron formulados tendo en conta as últimas recomendacións realizadas por expertos en nutrición de animais de compañía, para conseguiren unha dieta:

  • Equilibrada e nutricionalmente completa para que suministre os nutrientes esenciais cotiáns para o desenvolvemento normal do gatiño.
  • Concentrada que achegue a enerxía necesaria tendo en conta a capacidade de inxesta dos gatiños.
  • Saborosa e de pequeno tamaño para asegurármonos dunha toma axeitada tan importante para os gatiños.

Os gatiños medran moi rapidamente e duplican o seu peso aos 10 días de teren nacido. Comezan a inxerir outros alimentos sólidos ademais do leite materno, de tal xeito que a partir das 6 semanas xa poden ser destetados.

Pensos Compy para gatiños de Mercadona:

Compy Gatiños, rico en aves con arroz e leite:

  • Os diferentes ingredientes deste produto provocan unha explosión de sabores no mesmo prato que lles encanta aos gatiños.
  • Está enriquecido con leite especial maternizado para lles proporcionar leite de gran calidade cada día.
  • Tamén contén paredes de fermentos, fonte de MOS e β-glucanos que axudan a reforzar as defensas naturais do gatiño. A achega de graxa avícola (fonte de omega 6) e biotina, contribúe ao desenvolvemento e mantemento dun pelo suave, abundante e cun brillo excepcional. Ademais, contén un extra de taurina moi importante para un correcto desenvolvemento e funcionamento do corazón e da visión.

Compy Supreme Gatiños, rico en polo fresco e arroz:

  • Aceite de peixe (fonte de DHA) que favorece o desenvolvemento do cerebro e axuda a mellorar o proceso de aprendizaxe dos gatiños.
  • FOS e paredes de fermentos, fonte de MOS e B-glucanos que axudan a reforzar o sistema inmune e a equilibrar a flora intestinal.
  • Yuca schidigera (ou iuca de Moxave) que, xunto cos FOS, contribúen a reducir o cheiro das dexeccións e dos ouriños.
  • Tamén contén un extra de taurina que intervén no correcto funcionamento e desenvolvemento da visión e do corazón, e grazas á achega combinada de biotina, cobre e zinc quelado, contribuímos a que o gato teña un pelo brillante, sedoso e saudable.

Debido ao seu alto contido en nutrientes, sabor e dixestibilidade, estes pensos tamén están indicados para a alimentación de femias durante o período de xestación e lactación.

Cando unha nova mascota entra a formar parte das nosas vidas, a prioridade é que medre san e feliz. Por iso, os pensos Compy para gatiños adáptanse ás necesidades específicas do teu gatiño permitindo que medre forte e san. Ademais, están elaborados con materias primas de gran calidade e ofrecen todas as garantías de seguridade alimentaria para que os seus donos poidan estar tranquilos sabendo que lles están a ofrecer o mellor.

Outras Recomendacións

Recomendámosvos a lectura da nosa publicación sobre Penso para gatos Compy Supreme con Salmón e Arroz onde podes coñecer os nutrientes necesarios que achega este produto. Outra recomendación é o novo penso para gatos Compy Supreme con polo e arroz para as nosas mascotas que prefiren unha alimentación con polo.

Cando un gato é maior ou ten sobrepeso, é recomendable a lectura da nosa publicación sobre o penso Compy para Gatos obesos ou con sobrepeso xa que se trata dun penso que ten menos calorías mais cos nutrientes que precisa para ir reducindo o peso. Por último, convidámoste a coñecer os nosos procesos de fabricación e control na publicación sobre calidade do penso de Mercadona.