Uso de cookies

Empregamos "cookies" propias e de terceiros para elaborar o sitio. Se continuares a navegar debes aceptar o seu uso

Máis información e política de cookies.

Nuevo pienso para gatos Compy Supreme.

Penso para gatos: Compy Supreme con Salmón e Arroz

14 de marzo de 2017

O penso para gatos Compy Supreme con peixe fresco está elaborado con ingredientes seleccionados de alta calidade e moi nutritivos para unha doada dixestión.

O salmón fresco é un peixe azul fonte de Omega 3, que se incorpora en forma de pasta refrixerada sen tratamento térmico previo, mantendo todas as súas cualidades nutricionais. Trátase dunha fonte de proteína moi dixerible, de gran valor nutritivo e intenso sabor, que axuda no desenvolvemento duns músculos fortes e sans. Ademais, os ácidos graxos omega 3, interveñen no bo funcionamento da función cognitiva, porque o DHA axuda a manter a función do cerebro, sen esquecer que estes ácidos graxos esenciais favorecen un sistema cardiovascular san.

O penso para gatos Compy Supreme con Salmón e Arroz achega todos os nutrientes precisos para unha vida activa. Ademais do salmón fresco, contén ingredientes seleccionados como o ovo, fonte de proteína de elevado valor biolóxico e o arroz, carbohidrato de gran tolerancia dixestiva e fonte de enerxía.

Este produto ten unha serie de vantaxes adicionais grazas aos diversos ingredientes que podemos encontrar na súa composición, como son:

  • FOS, paredes de fermentos fonte de MOS e B-glucanos, que axudan a reforzar o sistema inmune e a equilibrar a flora intestinal.
  • Biotina, cobre e zinc quelado, que contribúen a que o gato teña un pelo brillante, sedoso e saudable.
  • Extractos de cítricos, vitamina C e vitamina E como complexo antioxidante, a achega combinada de todos eles contribúe na loita contra os radicais libres axudando a retrasar o envellecemento prematuro das células do organismo.
  • Unha achega extra de taurina, os gatos non son quen de producir toda a cantidade de taurina que precisan e, por iso, é moi importante a súa achega no alimento. A taurina intervén no correcto funcionamento e desenvolvemento da visión, corazón e na reprodución.
  • Yucca schidigera (ou iuca de Moxave) e FOS, a chega na dieta de ambos contribúe a reducir o cheiro das dexeccións e dos ouriños. Xa que é moi importante estimular os gatos a ouriñar con frecuencia e así reducir o tempo de retención da urina na vexiga.

Todas estas características, fan do penso para gatos Compy Supreme Salmón e Arroz un alimento nutricionalmente completo, ideal para gatos adultos desde os 12 meses até os 10 anos, ademais de ser axeitado para a alimentación de gatas xestantes, especialmente durante a primeira metade do período de xestación.

Outras Recomendacións

Se ao teu gato lle gusta máis o polo, recomendámosche o novo penso para gatos Compy Supreme con polo e arroz.

E se o teu gato é senior ou ten sobrepeso, suxerímosche o penso Compy para Gatos obesos ou con sobrepeso, que achega todos os nutrientes que o teu gato precisa mais contribuíndo na perda de peso, xa que contén menos calorías.