Cabecera Pienso gatos

Pensos para gatos de Mercadona: a mellor alimentación para a túa mascota

12 de xaneiro de 2024

A selección de pensos para gatos de Mercadona está desenvolvida por expertos veterinarios en nutrición animal. Actualmente Compy é a marca de comida para mascotas con máis venda no noso país.

Escoller a gama Compy, á venda só en Mercadona, permite ofrecerlle ao teu gato unha dieta con toda a achega de nutrientes necesarios para axudarlle a manter unha vida saudable.

Cando pensamos en cambiar a comida do gato, porque cambia o seu estado de vida ou porque buscamos para a súa alimentación outro sabor ou variedade ou ben porque unha nova mascota entrou a formar parte da nosa familia, consideramos unha serie de preguntas.

Que tipo de penso para gatos de Mercadona é o máis apropiado?

O primeiro que hai que ter en conta para a súa elección é a idade do gato, xa que en función diso alimentarase cun penso específico para gatiños (ata 1 ano) ou para gatos adultos (a partir de 1 ano).

Se se trata dun gato cachorro (menor a 1 ano) é fundamental alimentalo cun penso específico para gatiños, xa que teñen unhas necesidades de alimentación especiais por encontrárense na primeira etapa da súa vida. Para iso Compy desenvolveu produtos expresamente destinados aos gatiños.

Se, en cambio, a túa mascota é un gato de idade avanzada (a partir dos 7 anos) ou un gato con exceso de peso, débese cambiar a alimentación polo penso Compy Sénior-Light para gatos.

Compy Supreme Júnior con Polo fresco, Froitas e Verduras. SEN CEREAIS.

Compy Supreme Júnior Mercadona

Alimento completo para gatiños dende os 2 meses ata o ano de idade e para gatas en xestación e lactación.

Os seus ingredientes axudan ao mantemento da masa muscular, a fortalecer o sistema inmunitario, a manter unha pel e un pelo saudables así como a reforzar a flora intestinal beneficiosa.

  • Receita sen cereais.
  • 65 % ingredientes de orixe animal.
  • Sen colorantes, conservantes, aromas artificiais nin azucres engadidos.
  • Reforzo inmunitario.

Envase: 800 gramos.

Compy Gatiños Júnior con Polo, Froitas e Verduras.

Compy Gatitos Júnior con Pollo, Frutas y Verduras Mercadona

Alimento completo para gatiños dende os 2 meses ata o ano de idade e para gatas en xestación e lactación.

Os seus ingredientes axudan a manter uns músculos fortes, ao correcto funcionamento do corazón e da vista (achega extra de taurina), a manter unha pel e un pelo saudables, contribúen ao benestar intestinal e axudan a reforzar a flora intestinal beneficiosa e as defensas naturais do gatiño, tan importantes nos primeiros estadios da súa vida.

  • Reforzo inmunitario.
  • 52 % ingredientes de orixe animal.
  • Sen colorantes, aromas artificiais nin azucres engadidos.

Envase: 1,5 quilos.

Se a túa mascota é un gato adulto (a partir de 1 ano de idade), débese alimentar cun penso para gatos adultos. Dentro da ampla gama de pensos para gatos de Mercadona pódese optar por produtos con diferentes achegas de enerxía e variedade de ingredientes e texturas, segundo as necesidades de cada gato.

Tamén por unha gama de pensos sen cereais.

Compy Supreme con Salmón fresco, Froitas e Verduras e Compy Supreme con Polo fresco, Froitas e Verduras. SEN CEREAIS.

Compy Supreme con Salmón fresco, Frutas y Verduras

Compy Supreme con Pollo fresco, Frutas y Verduras Mercadona

Alimento completo para gatos adultos a partir de 1 ano de idade.

Os seus ingredientes axudan ao mantemento da masa muscular, a fortalecer o sistema inmunitario, a manter unha pel e un pelo saudables así como a reforzar a flora intestinal beneficiosa.

  • Receita sen cereais.
  • 65 % ingredientes de orixe animal.
  • Sen colorantes, conservantes, aromas artificiais nin azucres engadidos.
  • Control bólas de pelo.

Envase: 1,5 quilos.

Compy Supreme Gatos Esterilizados / Tracto urinario. SEN CEREAIS.

Compy Supreme Gatos Esterilizados Mercadona

Alimento completo para gatos adultos esterilizados e con tendencia á formación de cálculos urinarios, especialmente de estruvita.

Dieta sen cereal, rica en polo fresco e con froitas e verduras moi nutritivas.

Os seus ingredientes axudan ao mantemento da masa muscular, a fortalecer o sistema inmunitario, a manter unha pel e un pelo saudables así como a reforzar a flora intestinal beneficiosa.

Ademais, contén fibras vexetais para saciar o apetito e minimizar a sensación de fame axudando aos gatos esterilizados a non gañar peso.

O cloruro amónico controla o pH urinario e axuda a minimizar a formación de cálculos de estruvita.

  • Receita sen cereais.
  • 65 % ingredientes de orixe animal.
  • Sen colorantes, conservantes, aromas artificiais nin azucres engadidos.
  • Control bólas de pelo.

Envase: 1,5 quilos.

Compy Supreme Gatos Sénior / Light. SEN CEREAIS.

Compy Supreme Gatos Sénior Mercadona

Alimento completo para gatos adultos con exceso de peso e gatos a partir dos 7 anos de idade.

Dieta sen cereal, rica en polo fresco e con froitas e verduras moi nutritivas.

Os seus ingredientes axudan ao mantemento da masa muscular, a fortalecer o sistema inmunitario, a manter unha pel e un pelo saudables así como a reforzar a flora intestinal beneficiosa.

Ademais, este alimento axuda a manter un corazón e unha vista saudables e contribúe a retrasar o envellecemento prematuro das células do organismo.

  • Receita sen cereais.
  • 65 % ingredientes de orixe animal.
  • Sen colorantes, conservantes, aromas artificiais nin azucres engadidos.
  • Control bólas de pelo.

Envase: 1,5 quilos.

Compy con Salmón, Atún, Froitas e Verduras e Compy con Polo, Tenreira, Froitas e Verduras.

Compy con Salmón, Atún, Frutas y Verduras Mercadona

Compy con Pollo, Ternera, Frutas y Verduras Mercadona

Alimento completo para gatos adultos.

Os seus ingredientes axudan a manter uns músculos fortes, un correcto funcionamento da vista e do corazón, axudan a manter unha pel e un pelo saudables, contribúen ao benestar intestinal e axudan a reforzar a flora intestinal beneficiosa.

  • 52 % ingredientes orixe animal.
  • Sen colorantes, aromas artificiais nin azucres engadidos.
  • Control bólas de pelo.

Envase: 2 quilos e 10 quilos.

Compy Gatos Esterilizados / Light.

Compy Gatos Esterilizados / Light Mercadona

Alimento completo para gatos adultos esterilizados a partir do ano de vida. Con Polo, Froitas e Verduras.

Os seus ingredientes axudan a manter uns músculos fortes, un correcto funcionamento do corazón e da vista, axudan a manter unha pel e un pelo saudables, contribúen ao benestar intestinal e axudan a reforzar a flora intestinal beneficiosa.

Ademais, contén fibras vexetais para saciar o apetito e minimizar a sensación de fame axudando aos gatos a non gañar peso.

  • Baixo contido en graxa.
  • 52 % ingredientes orixe animal.
  • Sen colorantes, aromas artificiais nin azucres engadidos.
  • Control bólas de pelo.

Envase: 1,5 quilos.

Ademais, toda a gama de alimentos para gatos incorpora ingredientes que axudan ao control da formación de bólas de pelo nos gatos e que favorecen o arrastre e a expulsión dos pelos inxeridos.

Non obstante, recoméndase realizar un bo cepillado para eliminar os pelos mortos e minimizar a formación de bólas de pelo.

Os pensos para gatos de Mercadona están expresamente adaptados ás necesidades de cada gato. Poderás encontrar toda a variedade de pensos Compy para gatos en exclusiva nos supermercados Mercadona.

Outras recomendacións

Aprende a alimentar a túa mascota segundo a súa etapa vital e cóidaos como merecen.

Ademais, préstalles moita atención ás túas mascotas esterilizadas, explicámosche que necesitan unha alimentación especial.

Descubre cales son as patoloxías máis frecuentes dos gatos e como a través da alimentación poden mellorar.