Tes unha tartaruga acuática? Hai moitos detalles arredor da súa alimentación e dos seus coidados que debes coñecer se convives cunha destas fascinantes mascotas. Por iso queremos facerche unha serie de recomendacións que che poidan interesar.
Consellos sobre o coidado da túa tartaruga
Para coidar adecuadamente a túa tartaruga tes que prestar atención ao seu ámbito: tanto a auga, como a zona seca e o terrario son elementos que necesitan un bo mantemento.
O terrario
A forma do terrario debe asemellarse a un pequeno lago, que é como as tartarugas acuáticas viven no seu medio natural. Debe contar coa parte de auga e cunha zona seca. Respecto ao tamaño, canto máis grande poidas mellor. Tamén é moi recomendable que a tartaruga poida tomar o sol ao natural sen que pase frío.
A auga
A auga da túa tartaruga debe estar o máis limpa posible e a súa temperatura arredor dos 25-30 ºC. Hai que procurar que o ambiente fóra da auga non baixe de 20 ºC, para que no lle afecte o cambio de temperatura ao saír da auga e que non enferme.
Tratamento para a auga da billa Dr. Wu Tetra
En caso de non dispoñer dun filtro de auga que garanta a boa calidade desta, a auga débese cambiar con frecuencia. Sempre hai que usar un acondicionador que elimine o cloro e adapte a auga da billa para que a túa tartaruga poida vivir sa.
- Frecuencia de uso: con cada cambio de auga.
- Modo de uso: 5 ml por cada 10 litros de auga.
A zona seca
A zona seca do terrario debe ser o suficientemente grande para que cando a tartaruga creza poida estar cómoda descansando ou tomando o sol.
Consellos sobre a alimentación da túa tartaruga
Unha tartaruga acuática come unha ou dúas veces ao día, aínda que se trata dun animal que sempre está disposto a comer, en especial larpeiradas.
Comen sempre na auga, xa que é o seu hábitat natural. Polo tanto, o alimento que lles proporcionamos non debe manchar nin turbar a auga, xa que se acabará corrompendo e ulindo mal.
Para cumprir ese obxectivo desenvolvéronse os sticks (pauciños) de alimento que flotan e se moven dando a sensación de comida viva. Contan cunha composición elaborada por científicos que lle achega á túa mascota todo o necesario para asegurar o bo estado de saúde da tartaruga.
Sticks para tartarugas Dr. Wu Tetra (alimento completo)
Estes sticks conteñen todos os nutrientes e niveis de proteína dixeribles que, xunto ás vitaminas e minerais, permiten que a tartaruga creza sa e feliz.
- Frecuencia de uso: diaria
- Modo de uso: debido a que os sticks flotan na auga, hai que administralos directamente sobre esta para que a tartaruga teña esa sensación de que é comida viva.
Gammarus para tartarugas Dr. Wu Tetra
Como comentamos anteriormente, as tartarugas sempre demostran apetito, sobre todo cara ás larpeiradas. Podemos subministrarlles estes pequenos caprichos de forma ocasional. Aínda que son gammarus seleccionados e de óptima calidade, utilízanse sempre como larpeiradas, en ningún caso como alimento único.
- Frecuencia de uso: esporádica
- Modo de uso: administrar directamente sobre a auga, xa que as tartarugas sempre comen alí.
Mestura de gammarus para tartarugas Dr. Wu Tetra
Trátase dun alimento complementario, combinación de escamas e gammarus, que se pode utilizar cando non se usan sticks. Ofrece a achega nutricional adecuada mesturada coas larpeiradas que son os gammarus.
- Frecuencia de uso: frecuente
- Modo de uso: similar ao anteriormente descrito.
Cales son as diferenzas entre o gammarus e a mestura de gammarus?
O gammarus ten máis palatabilidade que a mestura de gammarus, por iso resulta tan atractivo e ben recibido polas tartarugas. Non obstante, ten menos achega nutricional, polo que non debe ser o seu alimento único senón complementario. Os propietarios deben evitar deixarse levar polo entusiasmo da súa mascota e non utilizalos de forma exclusiva.
Que outros alimentos lle podes dar á túa tartaruga?
As tartarugas son animais omnívoros, pero non poden aproveitar e dixerir correctamente os vexetais ata que son adultos (isto acontece entre os 6-8 anos). Por este motivo débense alimentar cubrindo as súas altas necesidades de proteínas.
As tartarugas adultas poden comer: mazá, pera, sandía, cenoria, melón e, en particular, plantas acuáticas se as teñen.
Non deben comer: cítricos, espiñas nin coles que poden ser prexudiciais para a súa saúde.
Suplementos
Especialmente durante a fase de crecemento (ata os 8 anos) pódese suplementar a súa alimentación con bloques de calcio, que axudan á súa alta demanda e garanten o bo estado da súa coiraza, sobre todo se non se utiliza diariamente un alimento base como os sticks.
Outras recomendacións
Se tes un can ou un gato, aquí dámosche uns consellos para o aseo na casa da túa mascota.