Uso de cookies

Empregamos "cookies" propias e de terceiros para elaborar o sitio. Se continuares a navegar debes aceptar o seu uso

Máis información e política de cookies.

Novo penso Compy para gatos: Compy Supreme tracto urinario con polo e arroz

Novo Penso Compy Supreme Tracto Urinario, para gatos adultos

15 de febreiro de 2018

A gama de pensos Compy Supreme amplíase co novo Tracto Urinario de Polo e Arroz, un penso para gatos adultos dotado dunha fórmula especial pensada para aqueles gatos con tendencia á formación de cálculos urinarios, especialmente os cálculos de estruvita.

Para alén diso, este penso para gatos é axeitado para a alimentación das gatas xestantes, especialmente durante a primeira metade da xestación. Durante estes períodos deben comer, dixerir, absorber e utilizar unha gran cantidade de nutrientes que lles permitan manterse e cubrir as demandas adicionais do crecemento fetal e da produción de leite.

Ingredientes de máxima calidade no novo penso Compy

Esta variedade de penso Compy para gatos está elaborado con materias primas naturais, frescas e moi nutritivas de alta calidade:

  • O polo fresco e mais o ovo son fonte de proteínas moi dixeribles e saborosas que axudan no mantemento da masa muscular. O aceite de peixe é fonte de DHA que axuda a manter a función cognitiva do cerebro.
  • O arroz é unha fonte de carbohidratos de gran tolerancia dixestiva que fornece a enerxía necesaria para unha vida activa e plena.

Alimentación saudable en gatos adultos

Unha boa alimentación é fundamental para manter o óptimo estado de saúde do teu gato ao longo dos anos. Para iso, o penso Compy Supreme Tracto Urinario con polo e arroz, foi desenvolvido por un equipo de expertos veterinarios en nutrición de animais de compañía, para o alimento ser:

  • Nutricionalmente completo, para subministrar todos os nutrientes necesarios.
  • Concentrado, saboroso e de pequeno tamaño para nos asegurar dunha toma axeitada.
  • Moi dixerible e con ingredientes de moi alta calidade.

Como axudan os pensos Compy á saúde do teu gato?

  • Control do Tracto Urinario:

Nuns ouriños ácidos é máis difícil a formación de cálculos de estruvita polo que, grazas á incorporación de metionina hidroxianáloga, minimízase o risco de formación destes cálculos. Ademais, un aumento saudable nos niveis de sodio axuda a reducir a formación de cálculos ao favorecer unha maior inxesta de auga e estimular a micción.

  • Defensa Natural:

É moi importante que os gatos adultos tomen un alimento enriquecido con FOS e paredes de fermentos, para axudar a reforzar o sistema inmune e equilibrar a flora intestinal.

  • Visión e Corazón:

A taurina intervén no correcto funcionamento e desenvolvemento da visión e do corazón. Os gatos no son quen de producir toda a cantidade que precisan e, por iso, cómpre a súa achega no alimento. Nas femias xestantes a taurina é aínda máis importante para evitar problemas reprodutivos.

  • Pelo e Pel:

Unha boa dieta inflúe directamente no aspecto do pelo e da pel. Grazas á achega combinada da biotina, o cobre e o zinc quelado, favorecemos que o gato teña un pelo brillante, sedoso e saudable.

  • Complexo Antioxidante:

A combinación de extractos de cítricos, vitamina C e mais vitamina E contribúe na loita contra os radicais libres axudando a retardar o envellecemento prematuro das células do organismo.

  • Odor Control:

A inclusión na dieta de yucca schidigera (ou iuca de Moxave) e mais de FOS axudan a reducir o cheiro das dexeccións e dos ouriños. Cómpre estimular os gatos a ouriñar con frecuencia para así reducir o tempo de retención da urina na vexiga.

Calidade do penso Compy

Os pensos Compy foron desenvolvidos polo fabricante especialista Bynsa, situado en El Burgo de Ebro (Zaragoza), para garantiren unha dieta equilibrada e completa que forneza acotío todos os nutrientes necesarios.

Durante a fabricación destes pensos realízanse rigorosos controis de calidade desde a recepción das materias primas naturais, até a elaboración final do produto, garantindo pensos da máxima calidade.

Outras Recomendacións

En Mercadona temos á túa disposición outros pensos para o teu gato. Se tes un gato esterilizado, aconsellámosche os pensos de Compy especiais para gatos esterilizados, que evitan o sobrepreso e lles fornecen todos os nutrientes necesarios.

Se tes un gatiño, recomendámosche estes pensos para gatiños, abofé que son a mellor opción para o alimentares.

Queres coñecer o proceso de fabricación dos nosos pensos? Neste vídeo mostrámosche como traballamos cada día para conseguirmos a máxima calidade nos pensos.