Uso de cookies

Empregamos "cookies" propias e de terceiros para elaborar o sitio. Se continuares a navegar debes aceptar o seu uso

Máis información e política de cookies.

As nosas novas Pipetas para gatos ofrécenche unha protección óptima contra insectos para a túa mascota, con compoñentes totalmente naturais.

Novas Pipetas para gatos de Mercadona, con compoñentes naturais

19 de xullo de 2018

As Pipetas para gatos de Mercadona son unha alternativa natural de alta eficacia para a protección dos nosos felinos favoritos contra insectos e enfermidades.

O coidado e a hixiene das nosas mascotas cada vez cobra máis importancia na nosa sociedade e todo propietario responsable debe velar por unha protección anti-insectos da maior calidade para o seu gato.

Pipetas para gatos de Mercadona

As Pipetas para gatos constitúen un tratamento preventivo cunha fórmula exclusiva e avanzada con tres compoñentes anti-insectos de orixe totalmente natural que protexe as nosas mascotas das picaduras de pulgas, carrachas, ácaros, piollos e mosquitos.

Composición

As Pipetas para gatos conteñen tres compoñentes totalmente naturais:

  • Extracto de Amargosa: insecticida natural eficaz contra pulgas, carrachas e mosquitos.
  • Xeraniol: insecticida natural moi eficaz para repeler as pulgas que pican a cans e gatos e tamén contra as carrachas.
  • Aceite de Lavanda: repelente especialmente eficaz contra todo tipo de mosquitos.

Propiedades

As principais propiedades destas pipetas anti-insectos para gatos son as seguintes:

  • A combinación destes tres compoñentes naturais asegura unha protección continua e segura contra insectos dende o primeiro momento da aplicación, por tratarse de compoñentes activos moi eficaces.
  • A densidade do produto está estudada para unha perfecta aplicación sen derramos nin perdas.
  • A súa aplicación protexe toda a zona superior do corpo da mascota dende a cabeza á cola.
  • O cheiro do produto nas pipetas de gatos está reducido para evitar calquera rexeitamento pola aplicación do produto.

Diferenzas con Pipetas con compoñentes químicos

As Pipetas para gatos ofrecen un tratamento preventivo e repelente tan eficaz como as pipetas a base de compoñentes químicos, pero teñen as seguintes vantaxes:

  • A diferenza das pipetas con insecticidas químicos non se dosifican por quilogramo de peso.
  • Cada pipeta contén 1, 5 ml de produto, cantidade suficiente para protexer gatos de calquera raza e tamaño.
  • Pódense aplicar para protexer cachorros a partir dos dous meses.
  • Pódense aplicar durante todo o ano, sobre todo para previr as picaduras de todo tipo de insectos, xa que en numerosas zonas da costa mediterránea actúan durante todo o ano.

Dosificación

Estas pipetas protexen o teu gato durante 30 días coa súa acción anti-insectos e repelente.

Só no caso de que o gato se atope en zonas de risco se recomenda a aplicación dunha pipeta cada 15 días.

Modo de aplicación das Pipetas para gatos

O novo envase das Pipetas para gatos está deseñado para unha aplicación absolutamente precisa. O seu tapón xiratorio con peche de seguridade preserva o contido da pipeta ata o momento da aplicación. Basta con seguir estes sinxelos pasos:

  • Mantemos a pipeta en posición vertical sen apertala.
  • Xiramos e retiramos o tapón.
  • Se o pelame é longo separámolo cos dedos para chegar á zona da pel coa punta da pipeta e aplicamos o produto na metade das dúas omoplatas (na zona posterior da caluga). Esta operación realizarémola en dúas veces, ata baleirar o contido da pipeta.

Evita que a túa mascota se converta nun niño de insectos coas novas Pipetas para gatos de Mercadona!

Outras recomendacións

O teu gato ten problemas coas bólas de pelo? A gama de pensos Compy para gatos con carne e peixe fresco incorpora unha nova variedade específica para o control das bólas de pelo.

O Penso Compy Supreme Tracto Urinario é un penso para gatos adultos dotado dunha fórmula especial para aqueles gatos con tendencia á formación de cálculos urinarios.