A area para gatos é esencial para a hixiene e comodidade do teu felino. Contamos con diferentes variedades en canto a composición e textura, cada unha coas súas características propias, para que poidas encontrar a que mellor se adapte ás necesidades individuais da túa mascota.
Area Absorbente Antibacterias
- Fabricada con sepiolita, un mineral poroso extremadamente absorbente.
- Como non é aglomerante, esta area debe cambiarse con frecuencia para mantela seca e limpa.
- É fácil de recoller, xa que só debe utilizarse unha vez e despois vai directa ao caldeiro do lixo.
- Modo de uso:
- Recomendamos encher a bandexa do areeiro con 5-7 cm de area.
- Absorbe inmediatamente a humidade e os olores.
- Cámbiaa cando non se cumpran as condicións de hixiene.
Area Aglomerante Perfumada
- Composta de bentonita branca, que aglomera a area cando entra en contacto con líquidos.
- Gran nivel de absorción.
- Compacta os residuos, facilitando a súa recollida.
- Absorbe moi ben os olores, desprendendo un aroma a lavanda (non é prexudicial para os gatos).
- Dispoñible en dous formatos: 5 kg e 10 kg.
- Modo de uso:
- Recomendamos encher a bandexa do areeiro con 5-6 cm de area.
- É moi fácil de limpar, débense retirar regularmente os grumos de area e encher con area nova para manter o nivel.
- Polo tanto, aínda que esta area non require unha substitución frecuente, debes cambiala cando non se cumpran as condicións de hixiene.
Area Sílice Xel Absorbente
- Composta por perlas de dióxido de silicio, que absorben facilmente os líquidos e protexen da humidade.
- Area de gran durabilidade e capacidade de absorción.
- As perlas teñen un tamaño de 1-8 mm.
- En ausencia de líquido, son transparentes; cando hai presenza de líquido, as perlas vólvense amarelentas.
- Modo de uso:
- Recomendamos encher a bandexa do areeiro con 3-4 cm de perlas de sílice.
- Retira as perlas de sílice con regularidade.
- Substitúeas cando non se cumpran as condicións de hixiene.
Mantemento do areeiro
Cada tipo de area ten a súa propia textura, forma e requisitos de mantemento.
Isto dependerá das características e necesidades xa mencionadas, pero tamén doutros factores como o número de gatos que teñas, o número de areeiros dispoñibles, o tamaño e a etapa de vida do gato, etc., así como do tipo de area que elixas.
En calquera caso, a area deberá cambiarse en función das condicións hixiénicas requiridas.
Para unha limpeza completa, o areeiro deberá baleirarse, lavarse e deixarse secar antes de volver enchelo con area nova.
Outras recomendacións
Infórmate sobre as patoloxías máis frecuentes nos gatos.
Descubre os nutrientes indispensables para cans e gatos, así como as súas principais diferenzas.
Sabías que os animais esterilizados requiren unha alimentación especial?