Bolsa do novo penso Compy Supreme Bólas de Pelo para gatos adultos

Control das bólas de pelo co novo penso Compy Supreme para gatos

25 de abril de 2018

A gama de pensos Compy para gatos con carne e peixe frescos incorpora unha nova variedade específica para o control das bólas de pelo. O novo penso de Mercadona Compy Supreme Bólas de Pelo é un alimento completo para gatos adultos con tendencia á formación de bólas de pelo e mais para gatas xestantes, especialmente durante a primeira metade de xestación.

Os gatos son animais moi limpos aos que lles encanta lamber a súa pelaxe acotío para realizar o aseo persoal. Mais este proceso de hixiene ten como consecuencia inevitable a inxesta de pelos que acaban no seu sistema dixestivo en forma de bólas. Normalmente este pelo expúlsase coas dexeccións, mais en ocasións o gato non é quen de o eliminar por si mesmo, o que pode causar problemas de saúde no animal.

Para evitar esta situación e manter un bo estado de saúde, este novo penso para gatos Compy incorpora fibras vexetais que favorecen o arrastre e mais a expulsión dos pelos inxeridos, minimizando a incidencia de vómitos por este motivo.

Guía de alimentación para gatos

A cantidade total cotiá a lles subministrar aos gatos adultos dependerá do seu peso corporal e do estado fisiolóxico, así como da raza, actividade e condicións ambientais.

Cómpre deixar o alimento a libre disposición ou repartir o alimento en 2-3 tomas ao longo do día:

 Tabla Compy Supreme gatos

É importante saber que os gatos son moi sensibles ao cambio de alimentación e que se poden producir rexeitamentos do novo alimento e incluso diarreas ou vómitos se o cambio for brusco. Por iso, cando troque un produto por outro, lembre que deberá reducir gradualmente a súa alimentación actual e engadir o novo alimento durante unha semana, até se converter na súa alimentación exclusiva.

Calidade do penso Compy para gatos

Unha boa alimentación é fundamental para manteres o óptimo estado de saúde do teu gato ao longo dos anos. Por iso, todos os pensos para gatos Compy foron desenvolvidos por veterinarios expertos en nutrición de animais de compañía, obtendo pensos de calidade e asegurando dietas equilibradas e nutricionalmente completas, que inclúen ingredientes seleccionados de alta calidade para axudar a unha doada dixestión:

  • Polo fresco e ovo como fonte de proteína moi dixerible e saborosa que axuda ao mantemento da masa muscular.
  • Aceite de peixe como fonte de DHA que axuda a manter a función cognitiva do cerebro.
  • Arroz como fonte de carbohidratos de gran tolerancia dixestiva que fornece a enerxía necesaria para unha vida activa e plena.

Para alén diso, o penso Compy Supreme Bólas de Pelo achega máis beneficios para axudar a manter a saúde dos gatos:

Defensa Natural

Enriquecido con FOS e paredes de fermentos para ayudar a reforzar o sistema inmune e equilibrar a flora intestinal, fundamental para os gatos adultos.

Odor Control

A achega de yucca schidigera (ou iuca de Moxave) e FOS axuda a reducir o cheiro das dexeccións e dos ouriños, estimulando os gatos a ouriñar con máis frecuencia para evitar futuros problemas renais.

Complexo Antioxidante

Os extractos de cítricos, vitamina C e vitamina E combinados, contribúen na loita contra os radicais libres, que son os causantes do envellecemento prematuro.

Pelo e Pel

A biotina, o cobre e o zinc quelado favorecen o aspecto dun pelo brillante, sedoso e saudable do teu gato.

Outras recomendacións

No coidado dos gatos cómpre realizar un bo cepillado para eliminar os pelos mortos e mais minimizar a formación de bólas de pelo, sobre todo en razas de pelo longo. Aínda que a maioría dos gatos se encargan de manter a súa pelaxe en boas condicións, convén cepillalos de xeito rutineiro. Para os gatos de pelo curto é abondo unha ou dúas veces por semana, mentres que os gatos de pelo longo requiren cepillado cotián.

Por outro lado, recomendámosche que probes a nosa gama de pensos para gatos Compy. Deste xeito, no caso de que o teu gato tiver tendencia á formación de cálculos urinarios, recomendámosche o penso Compy Supreme Tracto Urinario. E se a túa mascota estiver esterilizada, tamén tes dispoñible o penso Compy para gatos esterilizados.