Sabes cales son os trucos de limpeza que mellor funcionan? Ao longo deste artigo, iremos recollendo consellos e recomendacións que nos faciliten os labores de limpeza no fogar. Comezamos cun truco infalible con bicarbonato. Non o perdas!
Tips de limpeza con bicarbonato
O bicarbonato de sodio é un composto branco sólido e cristalino que se obtén dun mineral chamado natrón. Ao diluírse con algún cítrico, como o limón ou o vinagre, produce unha reacción química efervescente. É un antiácido que ten múltiples usos, tanto no campo da saúde, da alimentación ou no da limpeza. Neste último encárgase, entre outras cousas, de eliminar a graxa, desatascar e desinfectar.
A cantidade de usos de limpeza do bicarbonato é case inabarcable. Podes utilizalo para limpar:
- electrodomésticos;
- vertedoiro;
- potas e tixolas;
- chans;
- baños;
- manchas de mobles;
- obxectos de prata;
- cepillos e peites;
- neutralizar malos olores de roupa e outros tecidos;
- abrillantar artigos cromados;
- eliminar o óxido ou o mofo;
- eliminar manchas amarelentas da roupa branca;
- eliminar a graxa de vitrocerámicas e fogóns;
- entre outros moitos usos con excelentes resultados.
Consello 1: Cómo eliminar a graxa incrustada das tixolas
Paso a paso:
- Corta medio limón e engádelle unha culleradiña de bicarbonato.
- Refrega o limón coa mestura do bicarbonato directamente sobre o fondo da tixola.
- Espreme o zume do outro medio limón sobre unha cullerada de bicarbonato. A continuación, verte a mestura sobre a base da tixola.
- Deixa actuar uns minutos.
- Co estropallo de aceiro inoxidable Bosque Verde, frega a base da tixola.
- Para limpar o interior, utiliza un estropallo delicado, como o estropallo almofadiña Bosque Verde, para evitar que se raie e estrague o teflón.
- Enxauga a tixola debaixo da billa e… coma nova!
Outras recomendacións
O vinagre de limpeza é un potente limpador natural multiúsos.