Celebra con nós a Noitevella, non esquezas as uvas!

Todo preparado para celebrar a Noitevella?

28 de decembro de 2020

Tras a tradicional cea de Noitevella hai que despedir o ano. Esta é sempre unha celebración entrañable e divertida, pero este ano en Mercadona queremos que a Noitevella sexa especial.

Por iso, temos que coidar os pequenos detalles que converten unha noite de fin de ano en algo memorable: copas de cava para brindar, unha sidra estupenda e as doce uvas da sorte, como as iamos esquecer!

Brindamos?

O son de quitar a rolla das botellas marca o principio deste ritual do Nadal e contribúe ao ambiente desenfadado e festivo.

Elixe a nosa Sidra El Mayu, unha sidra gasificada cunha perfecta sintonía entre a acidez e as notas doces. Sabor final longo e persistente cunha boa integración da súa fina burbulla.

Onde están as copas?

Non busques máis, utiliza as nosas copas de cava reutilizables, cun deseño elegante en plástico transparente coa base de cor dourada.

Moi prácticas e cómodas, ideais para unha noite como a de fin de ano.

Esquece as copas de cristal e o perigo de que rompan. Basta con montar as nosas copas reutilizables e, a brindar polo novo ano!

Preparamos as uvas?

Xa sabes, hai que facer coincidir cada unha das doce uvas coa súa respectiva badalada e no novo ano sorrirache a sorte. Para que todo estea ao teu gusto, esta Noitevella ofrecémosche as seguintes variedades de uvas, escolle a que prefiras:

  • Uvas en almibre: presentadas nun paquete de 2 latas con 12 uvas en cada lata xa peladas e sen pebidas (listas para tomar con só abrir o envase).
  • Uvas reloxo: uva branca sen pebidas, de sabor doce, listas para consumir durante as 12 badaladas.
  • Uva branca con pebida: variedade Aledo, de sabor doce, para preparar as tradicionais 12 uvas.
  • Uva branca sen pebida: de sabor doce, para tomar como sobremesa, merenda, aperitivo saudable, e para preparar as 12 uvas para as badaladas.

Outras recomendacións

Se aínda non sabes que cociñar na Noitevella, visita a nosa sección de receitas a ver se encontras a inspiración.