Embázanseche as lentes cando usas a máscara? Sabes como mantelas libres de bafo o maior tempo posible?
Temos a solución: as nosas toalliñas antibafo reutilizables. Estas toalliñas preséntanse en envases monodose. Son toalliñas reutilizables ata 20 usos e o seu efecto antibafo ten unha duración dunhas 8 horas. É importante ter en conta que serven exclusivamente para acabar co bafo nas lentes. Isto quere dicir que, previamente, teremos que limpar as lentes con produtos específicos para a limpeza de cristais ópticos. Trátase dun produto antibafo, e non un produto limpalentes.
Características das toalliñas antibafo
- É unha toalliña seca que impide que as lentes se embacen.
- Fabricada con tecido 100 % viscosa.
- Son reutilizables ata 20 usos.
- Cada aplicación ten unha duración de ata 8 horas. Iso si, haberá que repetir a aplicación cada vez que se limpen as lentes.
- Preséntase en envase monodose.
Modo de uso
Para aplicar este produto basta con seguir dous pasos ben sinxelos:
1. Limpa e seca as lentes antes de utilizar o produto. Para iso utiliza o noso Spray limpalentes con baeta, apto para todo tipo de cristais.
2. Una vez secas, aplica a toalliña antibafo por toda a superficie realizando movementos circulares. Tras o seu uso, dobra e garda a toalliña na bolsiña coa etiqueta de peche.
Ademais:
- Frecuencia de uso: este produto pode aplicarse tantas veces como sexa necesario.
- No se pode tirar polo WC. Desbota o envase interno, no contedor amarelo e o envase de cartón exterior, no contedor azul.
- No se debe humedecer nin mollar a toalliña con auga.
- No se debe utilizar en lentes molladas
- Hai que almacenalas entre uso e uso nun lugar seco e protexido (por exemplo, no interior do mesmo envase monodose pechándoo coa súa etiqueta de peche; ou ben no interior da funda das lentes).
Como indicamos anteriormente, este é un produto antibafo que non serve para limpar as lentes. Antes de aplicar a toalliña antibafo, debes limpar os cristais das lentes cun produto específico.
Para iso podes usar as nosas toalliñas perfumadas impregnadas cunha loción limpadora e un agradable perfume, deseñadas especificamente para este cometido. Unha opción moi práctica para levalas a todas as partes. Lembrámosche tamén que debes desbotalas no lugar correspondente, nunca no WC.
Outras recomendacións
Utiliza as nosas Máscaras Hixiénicas e FFP2 e as nosas Máscaras Desbotables.