Cánsanche os pés? Pasas moitas horas de pé e reséntese esta zona do teu corpo? Proba as nosas soletas de calzado e descubrirás unha nova sensación de benestar, unha pisada moito máis agradable e lixeira.
Os pés son unha parte moi delicada da nosa anatomía. Coidar o seu confort e a comodidade do calzado é moi importante, e esta pode ser perfecta se lle engades unha soleta adecuada para ti.
Que soletas de calzado podes encontrar en Mercadona?
Dispoñemos de soletas para calquera calzado: deportivo, botas e sandalias, para zapatos e botas de tacón, zapatos abertos, máis cálidas para o inverno, anatómicas e absorbentes; indicadas para aliviar a dor, o cansazo, transpirables, neutralizadoras do olor, etc. Cal é a túa?
Escolle a soleta que mellor se axuste ás túas necesidades:
Soleta Áloe + carbón activo. Para todo tipo de calzado
- Básica, suave e confortable
- Evita a sudación do pé
- Neutraliza o olor
- Material: poliéster e látex con carbón activado
Soleta Confort. Para todo tipo de calzado
- Transpirable, efecto confort
- Recolle o impacto sufrido polas pisadas
- Anatómica
- Ergonómica
- Material: caucho flexible (arneflex) e poliéster
Soleta Pel. Para todo tipo de calzado
- De pel
- Destaca pola súa suavidade
- Úsase principalmente como reposto a zapatos de pel
- Transpirable
- Material: pel de ovella grain árabe e caucho flexible de poliuretano
Soleta Lady. Zapatos de tacón
- Amortece o coxín do pé, que é a zona que máis sofre ao apoiar con este tipo de calzado
- Alivia a dolor
- Material: pel sintética e espuma de poliuretano
Soleta Memory. Para todo tipo de calzado
- Amortece o pé
- Procura un maior illamento do chan
- O seu grosor pode facer que note menos folgura no calzado
- Gran confort
Soleta Traballo. Para botas e zapatos de traballo
- Axuda ao descanso dos pés e das pernas, para persoas que traballan sobre todo facendo esforzos físicos
- O seu grosor pode chegar a aumentar un número o calzado
- Alivia o cansazo
- Material: Poliéster mais Foam e PU Pouring
Soleta Xel. Para todo tipo de calzado
- Efecto descanso, xa que o seu xel axúdalle ao pé a amortecer a pisada
- Anatómica
- Tecido absorbente
- Material: poliéster, TPR Xel e látex antiesvarante
Soleta Deporte. Para calzado deportivo
- Amortece o impacto da pisada
- Anatómica: recolle o pé dentro da deportiva
- Material: poliéster, evalen performance gris, eva vermella e xel pelotte
Soleta Antiesvarante Xel. Para zapatos abertos
- Evita que o pé esvare polo zapato, fai efecto freada
- Gran fixación
- Material: poliuretano xel e lámina de silicona recubrindo o xel
Soleta Inverno. Para todo tipo de calzado
- Básica, suave e confortable
- Confort térmico
- Material: poliéster e látex con antibacteriano
Soleta media Talón pel. Para todo tipo de zapatos
- Axuda a manter máis alto o talón por necesidades específicas
- Máxima comodidade
- Material: pel de ovella grain árabe e pelotte látex talle 2
Protector talón. Para zapato cerrado
- Evita rozaduras e problemas na zona do talón
- Material: tecido poliéster e látex
Consellos de utilización das nosas soletas de calzado
A utilización destas soletas é moi sinxela, pero cabe destacar os seguintes consellos:
- O interior do zapato debe estar limpo e seco.
- Debes sacar a soleta orixinal do calzado antes de introducir a nova.
- Lavar á man.
- É frecuente a dúbida de cando cambiar a soleta. Isto depende do uso que lle deamos. En calquera caso, hai que substituíla en canto aparezan os primeiros signos de desgaste.
- Aconséllase extraer a soleta do zapato despois de usala, para aireala e secala, sobre todo, se o pé súa moito.
Como recortar as soletas?
Propoñémosvos dúas formas de recortar as soletas.
Opción 1: Sempre que sexa posible, é recomendable utilizar a soleta orixinal do calzado como “guía” para recortar a nova soleta. Para iso, teremos que:
- Sacar do calzado a soleta actual que teña nese momento.
- Poñela enriba da nova soleta que hai que recortar.
- Coas tesoiras, ir cortando a soleta con coidado. Desta forma, asegurámonos de que a nova soleta ten exactamente o mesmo tamaño que a soleta antiga.
Opción 2: Cando non sexa posible extraer a soleta antiga do calzado, recortaremos a nova soleta seguindo a liña de puntos que ten cada unha delas. Os pasos que hai que seguir serán os seguintes:
- Abrimos a bolsa da soleta.
- Pola parte de atrás das soletas, veremos unha liña de puntos xunto a uns números que corresponden aos diferentes talles de pé.
- Empezaremos a cortar con coidado (empezando pola punta da soleta) ata chegar á liña do noso talle de pé. Por exemplo: Para un talle 38, cortaremos a liña dos talles superiores (44, 43, 42, etc.) ata chegar ao 38.
- Cando cheguemos ao noso número de pé, xiraremos as tesoiras, primeiro cara a un lateral e recortaremos e despois cara ao outro lateral e recortaremos.
- NOTA: Hai algúns modelos de soletas que unicamente se recortan pola parte superior (punteira) e outros que se recortan de forma completa (punteira e talón). É moi fácil de recoñecelo, simplemente hai que fixarse no debuxo das liñas.
- Colocar coa parte de tecido cara a arriba, deixando a liña de puntos e a numeración cara a abaixo.
Recomendacións e advertencias
Posto que cada zapato e cada pé son diferentes, recoméndase coller unha soleta dun zapato que xa usásemos antes como patrón para recortar a nova soleta. Así facilitaremos a adaptación desta ao noso pé.
Tamén hai que ter en conta que hai soletas que, polo seu grosor, fan que o zapato quede máis apertado.
Importante: estas soletas son exclusivamente para contribuír ao confort e á comodidade dos pés, fan a pisada máis confortable e cómoda. Non están indicadas para corrixir nin solucionar ningún problema específico que poidamos ter na devandita parte da nosa anatomía.
Outras recomendacións
Sabes como limpar correctamente a túa lavadora por dentro? Ensinámosche!