Uso de cookies

Empregamos "cookies" propias e de terceiros para elaborar o sitio. Se continuares a navegar debes aceptar o seu uso

Máis información e política de cookies.

Citronela mercadona

Pulseira Citronela: Este verán, pónllelo difícil aos mosquitos

01 de agosto de 2016

Vén aí o verán e, canda el, aparecen sempre os molestos mosquitos como convidados non desexados. Este ano ofrecémosche un agradable remedio para te desfaceres deles: a nova Pulseira Citronela de Mercadona.

Pulsera Citronela de MercadonaPulseira Citronela de Mercadona

A Pulseira Citronela de Mercadona ofrece unha protección para toda a familia contra os mosquitos. O efecto é instantáneo e coa maior comodidade, pois abonda con que poñas a pulseira como un accesorio máis e tornarás os mosquitos da zona.

Recomendamos que os adultos poñan a pulseira no pulso, e os nenos no nocello. A súa utilización por nenos é recomendada a partir dos 3 anos de idade.

Ademais, esta pulseira ofréceche unha fragrancia moi agradable a Citronela que, porén, actúa cos mosquitos a xeito de repelente.

A Pulseira Citronela de Mercadona servirache este verán para llelo pór difícil aos mosquitos en calquera lugar, durante un paseo polo monte, mentres gozas dun xeado no parque, durante un filme no cinema de verán, etc. A Pulseira Citronela é efectiva quer ao aire libre quer en recintos pechados.

O seu efecto sobre os mosquitos é de desorientación, ao notaren a fragrancia que eles non aturan e que para as persoas transmite un recendo perfumado con Citronela moi agradable. Un xeito efectivo e cómodo de se defender dos mosquitos este verán.

Outras recomendacións

En Mercadona poderás encontrar o agradable recendo de Citronela noutros produtos, como os Parches de Citronela de Mercadona, que podemos colocar na roupa e liberan o aroma así que rañas neles, ou o Body Spray de Citronela de Mercadona que poderás encontrar na nosa Perfumería.

Queres máis consellos e coñecer todos os novos produtos de Mercadona para este verán? Xa está ao teu dispor a nova revista de Mercadona, cunha especial atención á protección e a hidratación da pel durante esta época.