Queres darlle un extra de perfume á túa roupa? Proba o noso perfumador para realzar o seu aroma e conseguir unha roupa máis perfumada.
Descubre a sensación de frescura e como potencia o bo olor da túa roupa facéndoo máis intenso e duradeiro. Ensinámosche a utilizar este produto.
Perfumador para intensificar a fragrancia da túa coada
O perfumador achega un extra de perfume na roupa durante o lavado na lavadora cun perfume agradable e intenso.
Que características ten?
- Achega un extra de perfume á roupa.
- Non suaviza, só perfuma.
- Pódese usar en toda a roupa e, especialmente, en tecidos sintéticos ou roupa de deporte.
- Ideal para perfumar a roupa se non queremos utilizar un suavizante.
- Non obstante, pódese usar tamén combinándoo co noso suavizante preferido, conseguiranse novas fragrancias.
Modo de uso
- Verter o perfumador na caixa do suavizante, só ou mesturado con este.
Advertencia: non achega suavidade á roupa.
Outras recomendacións
Comprobaches as melloras na calidade dos nosos suavizantes da roupa? A que esperas?