AVISO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros coa finalidade de facer que a súa navegación sexa segura, facer análise estatística das visitas á web, así como coñecer o seu comportamento. Se desexa máis información pode consultar a nosa POLÍTICA DE COOKIES. Pode aceptar o uso de cookies pulsando "ACEPTAR" ou Configurar/Rexeitar o seu uso pulsando pulsando "CONFIGURAR/REXEITAR".

Todo o que necesitas para gozar da mellor Noitevella encontraralo en Mercadona.

Pasa a mellor Noitevella con Mercadona

27 de decembro de 2018

Chega o momento de celebrar a noite máis especial do ano. En Mercadona ofrecémosche todo o necesario para despedir 2018 con éxito e pasar unha noite de fin de ano realmente marabillosa xunto aos teus familiares e seres queridos.

Alguén imaxina unha Noitevella sen un emotivo brinde, sen cotillón ou sen as doce uvas; sen abrazos nin bicos? Non sería o mesmo, verdade? Dende Mercadona desexámosche que pases unha inesquecible noite de fin de ano.

Cavas e escumantes para brindar

Para brindar pola saúde e a prosperidade do ano que empeza nada mellor que ter unhas botellas de cava ou escumante á man. O son das botellas ao sacar a rolla é un dos elementos inconfundibles do ambiente da Noitevella.

  • Cava Brut Cabré & Sabaté: elaborado con variedades de uva Xarel-lo, Macabeo e Perellada. Destaca polo seu intenso sabor, a súa cor amarela dourada e unha burbulla fina e persistente.
  • Cava Semiseco Cabré & Sabaté: de similares características que o anterior, engade un toque lixeiramente doce ao seu sabor.
  • Escumante Ophicus: elaborado con uvas Airén, Verdello e Chardonnay, de cor amarela pálida, coa súa burbulla xera unha sensación refrescante e suave na boca.

Cavas y espumosos para brindar de Mercadona

Copas de Cava

Para cumprir co tradicional brinde tras as badaladas de fin de ano poñemos á túa disposición copas de cava desbotables. O seu deseño elegante en plástico transparente e coa base de cor negra permíteche brindar a gusto e o que é mellor: non haberá que recoller cristais rotos ni terás que limpalas cando termine a festa.

Só tes que montalas, xa que se compran desmontadas, e xa estarán listas para beber e brindar!

Toma as doce uvas como máis che guste

Na Noitevella é tradicional tomar as doce uvas acompañando cada unha das badaladas. Din que se o consegues iso darache sorte para o novo ano. Así que pon as túas mellores galas, brinda cos teus e cando o reloxo marque as doce e empecen as badaladas, escolle as túas uvas favoritas:

  • Tradicional acio de uvas brancas con pebidas variedade Aledo.
  • Uvas reloxo, sen pebidas, empaquetadas e xa listas para consumir.
  • Uvas en almibre: para os máis larpeiros, moi cómodas, xa peladas e sen pebidas.
  • Uvas Xuxes: Cada bolsiña contén 12 tenras larpeiradas con sabor a uva.

Toma las doce uvas como más te guste de Mercadona

Goza co noso cotillón

O cotillón é sinónimo de alegría e diversión: as serpentinas ao aire, o son dos pitos, divertidos colares ou disfraces, sempre acompañados de risas, son signos claros de que a festa empezou.

Nos paquetes que che ofrece Mercadona encontrarás os elementos imprescindibles para contribuír ao trouleo da Noitevella: colar, anteface, serpentina e pito; á parte de perrucas, antenas ou diademas en función da bolsa que elixas. A gozar!

Disfruta con nuestro cotillón Mercadona

Outras recomendacións

Se aínda non decidiches a cea de Noitevella, presta atención ás nosas receitas de Carnicería, Peixería e Chacinería para estas festas.