AVISO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros coa finalidade de facer que a súa navegación sexa segura, facer análise estatística das visitas á web, así como coñecer o seu comportamento. Se desexa máis información pode consultar a nosa POLÍTICA DE COOKIES. Pode aceptar o uso de cookies pulsando "ACEPTAR" ou Configurar/Rexeitar o seu uso pulsando pulsando "CONFIGURAR/REXEITAR".

06 Hogar - Desechables

O nadal chega á túa mesa cos descartables de Mercadona

09 de decembro de 2016

Velaí vén o Nadal e é o momento dos festexos coa familia e amigos. Nas comidas e ceas familiares queremos axudarte e facerche a vida máis doada, sen perderes nin un chisco de estilo. Desde Mercadona propómosche os manteis, panos de mesa, vasos e pratos de Nadal con máis encanto para que triunfes cos teus convidados e teñas máis tempo para gozar con eles, xa que son descartables.

No deseño Poinsettia poderás escoller entre o fondo vermello ou o crema máis tradicional, ambos coa flor de Pascua do Nadal como protagonista. Se es máis innovador, no deseño Neve encontrarás os tons dourados e grises sobre un fondo branco cuns sutís detalles vermellos. O mellor xeito de compartires é ao redor dunha mesa de Nadal enfeitada con estilo.

Deseño Poinsettia: do crema ao vermello máis tradicional

Alguén imaxina un Nadal sen a cor vermella?

O deseño Poinsettia, que ten como protagonista a tradicional flor de Pascua, destaca pola súa intensa cor vermella que combina co verde das follas e o dourado das estrelas. Un clásico co que de seguro acertarás nos días máis sinalados destas datas.

desechablesmercadona-poinsettia

Elegancia en crema

De preferires un mantel de Nadal en tonalidades máis claras, o deseño Poinsettia ofréceche a posibilidade de escoller un fondo crema, sobre o que resaltan as flores de Pascua e as estrelas douradas.

desechablesmercadona-crema

Para os que procuran algo diferente

O deseño Neve, inspírase nas cores brancas, grises e douradas, tendencia esta tempada, con toques do tradicional vermello na túa mesa do Nadal. Un deseño exclusivo para Mercadona co que de seguro deixarás abraiados os teus convidados.

desechablesmercadona-dorado

Á procura do dourado

O dourado sempre achegará brillo e sofisticación ás decoracións das túas mesas no Nadal; é ideal para combinalo coa gama de pratos, vasos e manteis Poinsettia ou Neve. Sobre o fondo vermello, crema ou branco do mantel que escollas, o resultado será impecable.

desechablesmercadona-dorado

Non esquezas: Utilizar nas túas decoracións de festa as candeas de Nadal que podes encontrar en Mercadona, con diferentes deseños e aromas, achegarán calidez aos teus ambientes.

Outras Recomendacións:

Este Nadal non esquezas servir nos teus pratos os turróns de Hacendado, en 6 deliciosas variedades e sen glute!