Presentámosche un produto moi eficaz para a limpeza do teu fogar: Multiúsos con lixivia desinfectante.

Multiúsos con lixivia, limpeza e desinfección, rápida e profunda!

20 de xaneiro de 2020

Non tes tempo pero encántache ter a túa casa sempre limpa? No che gusta investir tempo na limpeza do fogar e buscas algo que desinfecte en profundidade de forma rápida e sinxela? Entón tes que probar o noso Multiúsos con lixivia desinfectante en envase pulverizador.

Un produto especialmente pensado para asegurar a total limpeza e desinfección, de forma rápida e profunda, tanto de diferentes superficies da casa como das manchas na túa roupa branca. Próbao!

Características do noso Multiúsos con lixivia desinfectante

Este produto destaca polas seguintes características:

  • Limpeza e desinfección en profundidade.
  • Rapidez.
  • Chega a todos os recunchos e superficies máis difíciles grazas ao seu envase en forma de pistola.
  • En escuma, polo que non salpica nin gotea.
  • Garante a limpeza en diferentes superficies da cociña e do baño e en manchas difíciles da roupa branca.

Que superficies podes limpar con este produto?

Co produto Multiúsos con lixivia en escuma podes limpar multitude de obxectos e estancias do fogar e superficies como granito, mármore, material aglomerado e cristal. Tamén podes aplicalo directamente na roupa branca ou para desinfectar trapos e baetas.

Modo de emprego

A pulverización en escuma do Multiúsos con lixivia desinfectante non produce salpicaduras ni goteos, e facilita o acceso aos recunchos máis complicados.

  • Para as superficies do fogar (cociña, baños, etc.)
    • Pulveriza o produto na superficie que se vai limpar e aclara cunha baeta húmida.
    • No caso de sucidade máis difícil, deixar actuar o produto durante dous minutos e, a continuación, aclarar.
    • Tamén é eficaz para branquear as manchas de humidade das xuntas.
  • Para a roupa branca
    • Pulveriza directamente sobre a mancha.
    • En caso de manchas difíciles, deixa actuar durante dous minutos e despois procede a lavar como de costume.
    • Importante: o produto contén lixivia, polo que só se pode utilizar na roupa branca.

Recomendacións

  • Para a limpeza de xuntas de azulexos
    • Nestes pequenos recunchos entre baldosas e azulexos acumúlase sucidade de forma inevitable.
    • Para eliminala hai que limpar as xuntas pulverizando con este produto e fregando cun cepillo.
  • Para limpar as manchas de mofo
    • A humidade e os diferentes produtos que utilizamos poden provocar a aparición de mofo na nosa ducha.
    • Pódese eliminar pulverizando o produto sobre a superficie que hai que limpar.
    • Deixar actuar uns quince minutos e aclarar.
  • Para a limpeza de baetas
    • Para a correcta limpeza e desinfección da baeta aconsellámosche seguir os seguintes pasos unha vez á semana:
    • Enche un pouco a pía da cociña con auga temperada.
    • Pulveriza unha boa cantidade de produto sobre a baeta que hai que limpar (catro ou cinco pulverizacións).
    • Introduce a baeta na pía e déixaa en remollo ao redor de media hora.
    • Enxaugar a baeta.

Advertencias

  • Para as superficies do fogar
    • Non utilizar este produto sobre superficies de cuarzo.
    • No utilizar en aluminio nin en superficies quentes.
    • É aconsellable realizar unha proba previa do produto nunha zona non visible.
  • Para o téxtil
    • Non utilizar este produto sobre la, seda, alfombras, papeis/superficies pintadas ou pezas de cor.
    • En caso de brancos ou cores resistentes, é preciso verificar a resistencia da cor aplicando o produto diluído nunha parte non visible da peza.

Outras recomendacións

Ensinámosche a limpar a túa lavadora!