AVISO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros coa finalidade de facer que a súa navegación sexa segura, facer análise estatística das visitas á web, así como coñecer o seu comportamento. Se desexa máis información pode consultar a nosa POLÍTICA DE COOKIES. Pode aceptar o uso de cookies pulsando "ACEPTAR" ou Configurar/Rexeitar o seu uso pulsando pulsando "CONFIGURAR/REXEITAR".

Incorporamos novas melloras na calidade dos nosos suavizantes da roupa. Descúbreas.

Melloras na calidade dos nosos Suavizantes da Roupa

19 de agosto de 2019

A nosa liña de Suavizantes da Roupa destaca por ofrecer unha ampla gama e unha fragrancia intensa e duradeira que permite que a túa roupa manteña o seu olor a limpo en todo momento.

Os nosos suavizantes conteñen microcápsulas de fragrancia que almacenan o aroma no seu interior e o van liberando progresivamente na túa roupa, brindándoche unha sensación de frescor permanente. Agora, incorporamos melloras na calidade desta liña de produtos.

Novas melloras na nosa Liña de Suavizantes da Roupa

Recentemente melloramos a calidade dos nosos suavizantes concentrados, grazas ao noso modelo de coinnovación ou innovación conxunta cos nosos clientes.

A incorporación destas melloras foron froito da nosa visita a diversos fogares, poñendo lavadoras coas familias e vivindo o día a día de moitos dos nosos clientes.

Só desta forma se puido aplicar este gran cambio na calidade do olor dos nosos suavizantes e mellorar a súa durabilidade na roupa. Constatamos que un suavizante debe ser capaz de convencer co seu olor en tres momentos clave.

Os tres grandes momentos do suavizante

  • Momento botella: é o olor que emana da botella e que percibimos ao utilizar o produto na lavadora.
  • Momento roupa mollada: ese momento no que abrimos a lavadora ou cando estamos tendendo a roupa, no que esperamos que o suavizante ula e ambiente a casa. Ademais de que nos lembre o olor que percibimos na botella.
  • Momento roupa seca: despois, cando recollemos a roupa do tendal, a estamos dobrando, a estamos gardando, pero sobre todo cando a poñemos: este é o momento en que esa sensación de olor da nosa roupa é máis importante. E que se manteña durante o maior tempo posible.

Grazas ao que aprendemos con vós conseguimos mellorar a calidade da nosa liña de Suavizantes.

Outras Recomendacións

Probaches os Xeles de baño Deliplus? Tres liñas que se adaptan ás necesidades da túa pel.