Con tantas horas na casa, unha das cousas que aprendemos durante este período de confinamento é que limpar non é só limpar, tamén é converter o teu fogar nun lugar mellor, gozar e estreitar lazos co resto da familia que comparte as tarefas, encontrarnos con vellos recordos que nos levan a outros momentos...
Aproveita para facer unha limpeza a fondo da túa casa
Normalmente, poñernos coas tarefas de limpeza fáisenos costa arriba, imos sempre xustos de tempo.
Non obstante, agora que pasamos máis tempo na casa podemos aproveitar para limpala a fondo e darlle un bo repaso a todo iso que sempre deixamos para despois: ventás, tapicerías de mobles, alfombras, electrodomésticos...
Facer este tipo de traballo en familia pode ser máis ameno e levadío nesta época, tédeo en conta.
A túa casa necesita unha limpeza e desinfección profunda e esta é unha época apropiada para proporcionarlla. Limpa todos aqueles recunchos cos que outras veces non podes esmerarte e mantén o teu fogar libre de xermes e bacterias.
A cociña é unha estancia que se caracteriza por albergar electrodomésticos que non sempre podemos limpar coa frecuencia e dedicación que nos gustaría. Agora é o momento de facer unha limpeza interna da túa lavadora, que asegure o seu bo funcionamento e unha coada impecable.
Seguro que todos os membros da familia coincidides en que a limpeza do forno se converteu nunha das principais tarefas, agora que o estamos usando máis que nunca para facer os doces e pans que estamos cociñando.
É tamén un bo momento para limpar o teu lavalouza e conseguir o mellor rendemento para a máquina e uns resultados perfectos nos lavados.
Tanto na cociña como no baño, aproveita tamén para eliminar as concentracións de cal que afectan a billas, duchas, filtros de auga, etc., así como a outras superficies máis amplas.
En definitiva, agora que pasas máis tempo na casa tes unha boa oportunidade para limpar e desinfectar todos os lugares do teu fogar: cuartos, chans, azulexos, baño, cociña, electrodomésticos, alfombras, tapicerías... Aprovéitaa!
Outras recomendacións
Se tes piscina, este é un bo momento para limpala e mantela.