Unha das tarefas máis custosas á hora de limpares o teu fogar, oficina, restaurante ou centro de traballo é o mantemento do chan. Manter limpo o chan, libre de manchas, con aspecto hixiénico e brillante e mais cun aroma fresco e agradable agora é posible co novo Limpador de chan Aromático Mediterráneo Bosque Verde.
Un limpador de chan para todo tipo de superficies
Unha das propiedades do novo Limpador de chan Aromático Mediterráneo Bosque Verde é a súa eficacia para todo tipo de superficies: desde o gres á pedra, a tarima de madeira ou o parqué. É un limpador suave, non dana os materiais, achega unha limpeza profunda, un perfume intenso e duradeiro e potencia o brillo da superficie.
Como usar o novo limpador de chan Mediterráneo
Para utilizares correctamente o limpador de chan Mediterráneo Bosque Verde tan só debes engadir 50 ml deste produto nun balde que conteña uns cinco litros de auga. Este limpador vén nun envase transparente de 1,5 litros e o seu interior presenta unha cor alaranxada que o diferencia, a primeira vista, nos andeis de Mercadona. Próbao xa e teno sempre á man entre os teus produtos de limpeza de uso cotián.
Outras recomendacións
Para conseguires que o teu fogar teña un aroma sempre fresco, dálle un toque á túa ropa co ambientador de tecidos Bosque Verde. E coida da túa lavadora e das túas prendas co limpia lavadoras Bosque Verde.