Coñeces o triple beneficio do Limpa Lavadoras Bosque Verde?

Limpa Lavadoras Bosque Verde

09 de novembro de 2017

O Limpa Lavadoras Bosque Verde de Mercadona é un cómodo produto especialmente indicado para eliminar a sucidade da túa lavadora e o mal olor.

A limpeza e o mantemento dos nosos electrodomésticos é fundamental. Por iso poñemos á túa disposición este produto co que conseguirás ter a túa lavadora tan limpa e impecable como o primeiro día.

Vantaxes do Limpa Lavadoras Bosque Verde

O Limpa Lavadoras Bosque Verde de Mercadona é a solución ideal para a limpeza do teu electrodoméstico. Abraiarate pola súa potente fórmula, capaz de ofrecer un triple beneficio:

  • Eliminar a sucidade.
  • Eliminar o mal olor.
  • Limpar, protexer e perfumar a lavadora.

Como se utiliza o Limpa Lavadoras Bosque Verde?

O método de utilización deste produto é moi doado. Unha botella servirá para limpares quer o caixón do deterxente quer a propia máquina.

  • Coa lavadora baleira, verter unha pequena cantidade de produto nunha esponxa ou baeta, lavar manualmente o compartimento para deterxente e volvelo colocar no seu sitio. Verás como non che custa ningún esforzo deixalo totalmente limpo.
  • Verter o contido restante da botella no compartimento do deterxente e poñer en funcionamento a lavadora baleira cun ciclo a 60º C.
  • Despois do lavado, limpar cunha esponxa os posibles refugallos de sucidade que poidan quedar nas xuntas da cesta e mais da porta.

Un consello: se é a primeira vez que limpas o interior da túa lavadora, conseguirás mellorar o resultado ao facer dous ciclos baleiros utilizando unha botella de Limpa Lavadoras Bosque Verde en cada un deles.

E para a manteres sempre perfecta, repite a limpeza unha vez ao mes.

Mercadona mantén o seu firme compromiso coa fabricación de produtos españois. Este produto está fabricado en Cheste (Valencia) pola empresa SPB (Suavizantes y Plastificantes Bituminosos, S.L.).

Outras recomendacións

Se procuras un produto para a limpeza e a desinfección de toda a casa proba as Pastillas Desinfectantes Multiusos de Mercadona, unha cómoda forma de limpar e desinfectar coa eficacia da lixivia, evitando as súas salpicaduras.