Demasiado tempo na casa? Mentres dura esta situación, propoñémosche un cantos traballos manuais sinxelos para compartir en familia.
Algúns dos obxectos que tedes para tirar ao lixo poden ser moi versátiles e poderás reutilizalos de varias maneiras, xa o verás... Cunha pouca dedicación e creatividade podedes pasar un momento estupendo.
Catro traballos manuais superdivertidos para facer na casa
A continuación, indicámosche os traballos manuais que podes intentar facer na casa en familia e o material que ides necesitar para executar cada unha das nosas propostas, son moi sinxelos!
Testo ou bote para lapis
Aprende a construír un práctico testo para poñer as túas plantas ou un bote para lapis que os nenos poidan utilizar, elaborado con botellas de refresco.
Material:
- Botellas de refresco de plástico
- Pintura de cores
- Rotuladores de cores
Crocodilo
Un traballo manual sinxelo e emocionante para os máis pequenos dándolles a oportunidade de construír un fero crocodilo con rolos de papel hixiénico.
Material:
- O cartón de tres rolos de papel hixiénico
- Tesoiras
- Coitela
- Lapis
- Pintura verde
- Pincel
- Olliños (tamén poden ir pintados)
Medusas colgantes
Seguro que tedes pola casa un montón de caixas de cartón de ovos, verdade? Estas fantásticas medusas colgantes son a maneira perfecta de entreter a toda a familia dándolle unha nova vida ás caixas de ovos que sempre tiramos ao lixo.
Material:
- Oveira de cartón
- Coitela
- Pinturas de cores
- Pincel
- Tiras de la, de doas, de tea...
- Pegamento
- Olliños (tamén poden ir pintados)
- Corda ou fío para colgalas.
Ovos pintados
Un momento de diversión garantido con estes ovos pintados. Nós fixemos poliños e coellos, pero o importante é que a vosa imaxinación voe.
Recomendamos facer previamente un burato nunha das puntas do ovo, e retirar o interior, que podedes aproveitar para unha merenda, xantar, cea, etc.
Material:
- Ovos
- Pintura de cores
- Pinceis
Outras recomendacións
Anímaste a cociñar este delicioso plumcake de pataca doce e pistachos?