AVISO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros coa finalidade de facer que a súa navegación sexa segura, facer análise estatística das visitas á web, así como coñecer o seu comportamento. Se desexa máis información pode consultar a nosa POLÍTICA DE COOKIES. Pode aceptar o uso de cookies pulsando "ACEPTAR" ou Configurar/Rexeitar o seu uso pulsando pulsando "CONFIGURAR/REXEITAR".

Recibe o ano brindando coas copas descartables, contando as doce badaladas coas uvas da sorte e divertíndote co colorista cotillón de Mercadona.

Fin de Ano en Mercadona

29 de decembro de 2017

Prepárate para unha das noites máis divertidas, na cal o brillo, a ledicia e os risos deben ser o mellor preludio do novo ano. Goza en boa compañía co noso cotillón, vive a maxia das doce badaladas coas "uvas da sorte" e, ao chegar o Ano Novo, brinda cos teus coas copas descartables de Mercadona.

Colorido Cotillón de Mercadona

O cotillón de Mercadona preséntase en cómodas bolsas individuais onde encontrarás coloristas deseños no seu interior. Todos os packs conteñen colar, antiface, serpentina e pito, para alén dalgún outro elemento a escoller como os glamurosos diademas estilo anos 20, divertidas perrucas ou aloucadas antenas, dependendo da bolsa que escolleres.

Desprega as serpentinas ao aire, mascárate, mestura un milleiro de colares e entra co mellor humor no novo ano.

Cotillón Mercadona

Brinda polo Ano Novo

Despois das doce badaladas é tradición brindar polo novo ano. En Mercadona ofrecémosche unha cómoda opción para o faceres coas estilizadas copas descartables. Deseñadas en plástico transparente e cun sobrio pé negro, é unha opción perfecta para non teres que limpar despois da festa. Mércanse desmontadas e case non ocupan espazo. Sofisticación e comodidade para unha noite glamurosa.

Copas desechables Mercadona

Uvas da sorte de Mercadona

Cumpre coa tradición das doce uvas, as últimas doce badaladas do ano deben coincidir coa inxesta dunha uva por badalada. Segundo a lenda, se cumpres con este costume terás boa sorte no ano entrante.

Encontra a opción que máis che guste, desde o tradicional acio de uvas brancas con semente variedade Aledo ou o acio de uvas sen semente até as uvas reloxo, sen sementes, empaquetadas e preparadas para as doce badaladas. Listas para consumir!

Outra opción son as uvas en almibre de Mercadona, comodísimas, para aqueles que tamén procuran unha uva pelada e sen sementes.

Uvas Mercadona

E para os larpeiros da casa, as Uvas Xuxes Hacendado, que encontrarás nun pack de dúas bolsiñas con doce lamberetadas cada unha, con sabor a uva, de textura moi tenra e doadas de consumir.

Uvas Xuxes Hacendado

Non hai escusa para vivires a túa gran noite cos familiares e amigos. Feliz 2018!

Outras Recomendacións

Enfeita a túa mesa con elegancia e bo gusto cos deseños de Nadal con manteis, pratos e mais vasos descartables de Mercadona que che fan a vida máis sinxela.

E para os aperitivos escolle entre a ampla selección en queixos, patés e mais xamóns: saborosos bocados de Nadal para despedirmos o ano.