Uso de cookies

Empregamos "cookies" propias e de terceiros para elaborar o sitio. Se continuares a navegar debes aceptar o seu uso

Máis información e política de cookies.

Todo lo necesario para celebrar la Nochevieja en Mercadona

Esta Noitevella despide o ano con Mercadona

29 de decembro de 2016

Velaí vén unha das noites máis especiais do ano: a Noitevella. Como non pode ser doutro xeito, un festexo coma este vén acompañado dunha serie de ritos e costumes. Algúns dos máis importantes son o clásico Cotillón, as doce uvas e o brinde de rigor para desexármonos feliz ano.

Ameniza a Noitevella co Cotillón de Mercadona

Cotillón 2016O Cotillón é un dos elementos máis esperados para festexares a Noitevella, que nos serve todos os anos para dar o toque máis festivo e tradicional.

Mercadona ten preparado un completo cotillón para que poidades ter o aspecto máis divertido nesta noite de festexo.

A bolsa do Cotillón de Mercadona contén 4 elementos comúns en todas as bolsas: un colar, un antiface, unha serpentina e un pito, e outro a elixir dependendo da bolsa que escollades:

  • Perruca: para ter unha imaxe máis toleirana.
  • Antenas: que bailarán ao ritmo que nós marquemos.
  • Diadema: para ter un toque máis chic.

Para recibires o novo ano como merece tamén encontraredes no noso cotillón as clásicas serpentinas, indispensables para lanzalas ao ar como mostra de algarabía. Cotillón 2016

Brinda con Copas de cava descartables de Mercadona

Copas de cava desechables 2016

En Noitevella todos precisamos gozar do momento ao máximo, ao carón dos nosos familiares e seres queridos. Por iso, resulta moi cómodo e práctico empregar as Copas de Cava descartables de Mercadona.

Ao seren descartables, non perdedes o tempo fregándoas no día a seguir. Ademais, non ocupan apenas espazo, xa que se mercan desmontadas e podedes montalas pouco antes do brinde. Boa idea, non si?

Non o dubides, despois das 12 badaladas brinda polo novo ano coas nosas Copas de Cava descartables. A mellor forma de gozares da Noitevella e do día de Ano Novo.

Toma as “uvas da sorte” con Mercadona

Uvas de la Suerte de Mercadona

As 12 uvas da Noitevella coñécense tamén como as “uvas da sorte”. Conta a lenda que todo aquel que faga coincidir a inxesta dunha uva con cada badalada, sen quedar atrás, gozará de boa fortuna no novo ano.

Este ano ofrecémosche distintas opcións para tomares as 12 uvas, un dos ritos máis típicos do Nadal.

Para comezar, Mercadona ofréceche uva con pebida de variedade Aledo, a que se adoita empregar para cumprir con esta antiga tradición.

Esta variedade de uva, de produción exclusiva do Val do Vinalopó, é a última do ano. Por mor da técnica artesanal de embolsado, exclusiva da dita zona, esta uva madurecida na cepa até os últimos meses do ano, a súa pel é máis fina e o seu sabor é exquisito.

Os que non queiran entreterse en quitar a pebida para poder axustarse mellor ao ritmo de cada badalada, en Mercadona teñen á súa disposición uva sen pebida.

Ademais, tamén podes festexar as 12 badaladas con uvas en calda de Mercadona, listas para tomar co só abrir o envase. Unha opción moi cómoda, especialmente para os que prefiren a uva pelada e sen pebidas.

E para que os nenos continúen a tradición, ou para aqueles maiores que procuren unha alternativa novidosa ás uvas, Mercadona ofrécelles as Uvas Xuxes Hacendado, que veñen nunha bolsa con 12 divertidas lamberetadas con sabor a uva e unha textura do máis agradable.

Uvas Xuxes de Mercadona

Festexa a Noitevella con Mercadona. Temos todo o preciso para facer que sexa a noite máis especial: uvas, copas descartables, cotillón… e Feliz 2017!

Outras recomendacións

Esta Noitevella viste a túa mesa cos nosos Manteis, panos de mesa, pratos e vasos enfeitados ao xeito máis natalicio, que che servirán para creares o ambiente propio desta festa.

Non esquezas as Candeas de Mercadona, coas que a túa mesa cobrará un aspecto máis acolledor e tradicional.

Unha Noitevella non sería o mesmo sen os nosos Turróns Hacendado, dispoñibles en seis deliciosos sabores.

E para o agardado momento do brinde do cambio de ano, xa sabes: Viños, sidra e cavas de Mercadona.